Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » A Estación » Novas

Novas
 

Xullo  02

Aprobado un convenio de colaboración no que participa a EFA para a realización de traballos para a mellora e conservación do patrimonio natural dos soutos en galicia (2008-2010) [Leer máis]
   

Xullo  02

Aprobado un convenio de colaboración no que participa a EFA para a realización de traballos para a conservación e mellora do estado sanitario dos bosques en galicia (2008-2010) [Leer máis]
   

Xuño  27

Aprobado un proxecto de investigación no que participa a EFA para o control integrado do pulgón Toxoptera citricida [Leer máis]
   

Xuño  06

A EFA recibe a visita dunha Inspección Técnica da Comisión Europea do Sector de Sanidade Vexetal [Leer máis]
   

Xuño  02

Actualizada a sección de Publicacións » Libros » "Nuestro Agro" [Leer máis]
   
23/05/2008 Convocadas tres bolsas de investigación con destino na EFA [Leer máis]
   
12/05/2008 Nota de prensa e fotografías da Presentación do libro "Nuestro Agro" [Leer máis]
   
09/04/2008 Publicamos varios avisos fitosanitarios con recomendacións de actuación para varios cultivos [Leer máis]
   
09/04/2008 Publicamos varios avisos fitosanitarios con recomendacións de actuación para varios cultivos [Leer máis]
   
04/04/2008 A EFA participa na organización do I Simposio Iberoamericano - IV Jornadas Ibericas de Horticultura Ornamental [Leer máis]
   
31/03/2008 Publicamos un aviso fitosanitario con información sobre o Mildeu da viña.[Leer máis]
   
17/03/2008 Actualizado 18/03/2008!! Publicamos varios avisos fitosanitarios con recomendacións de actuación para varios cultivos [Leer máis]
   
07/03/2008 A EFA foi felicitada polo FECYT polas actividades levadas a cabo co gallo do Ano da Ciencia 2007 e da Semana Galega da Ciencia 2007. [Leer máis]
   
05/03/2008 A EFA depositou na Colección Española de Cultivos Tipo (CECT) un illlado de Phytophthora pseudosyringae procedente de plantas de castiñeiro. Rexistrado baixo o Nº de Acceso 20741. [Leer máis]
   
09/01/2008 Renovación total da páxina [Leer máis]
   
26/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro no IES Manuel Antonio de Vigo [Ler máis]
   
21/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro na Facultade de Biología da Universidade de Ourense [Ler máis]
   
15/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro na Facultade de Biología da Universidade de Santiago [Ler máis]
   
06/11/2007 Visita da Corporación Provincial á finca Areeiro [Ler máis]
   
06/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro no pazo provincial da Deputación [Ler máis]
   
31/10/2007 A Deputación de Pontevedra a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro distribúe camelias e fentos entre os concellos da provincia [Ler máis]
   
30/10/2007 Areeiro co ano da ciencia: Dentro do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnológica 2006-2010 (IN.CI.TE.) [Ler máis]
08/06/2007 Desde o 16 de Abril de 2007 fíxose pública a constitución da Estación Fitopatolóxica do Areeiro como Unidade Asociada á Misión Biolóxica de Galicia [Ler máis]
 

AVISOS FITOSANITARIOS
04/04/2008


VIÑA
  » Mildeu (Ficha técnica) (Ver fotos)
  En boa parte dos viñedos da nosa provincia as plantas non ofrecen, polo momento, un desenvolvemento suficiente como para ser receptivas ao fungo, aínda que coas temperaturas elevadas destes días observouse un maior crecemento. A previsión meteorolóxica anuncia posibilidade de precipitacións para a próxima semana pero tamén un descenso significativo das temperaturas co que, de cumprirse ámbalas dúas circunstancias, tampouco as condicións ambientais serán moi favorables ao patóxeno. Aínda é cedo para iniciar os tratamentos, pero en caso de choivas convén incrementar a vixilancia.


MACEIRA
  » Oidio (Ver fotos)
  De xeito moi puntual apreciáronse os primeiros gromos afectados en maceiras da variedade 'Golden'. A súa presenza esporádica non fai necesaria unha intervención, pero si convén vixiar a evolución dos síntomas.


  » Moteado (Ver fotos)
  Polo momento non se observaron os primeiros signos desta enfermidade, pero de producírense precipitacións nos próximos días e se as temperaturas se manteñen mornas (sen descender de xeito significativo como anuncian as previsións), haberá que esperar a súa aparición.


PEREIRA
  » Hoplocampa
  Na campaña anterior víronse pereiras con fortes ataques deste insecto. Naquelas en que se constatou a súa presenza e en consecuencia se produciu unha caída do froito recentemente callado, aconséllase aplicar un tratamento.


MELOCOTOEIRO
  » Lepra (Ver fotos)
  Recibimos na EFA as primeiras mostras con síntomas desta enfermidade. No caso de que se cumpra a previsión meteorolóxica, que anuncia precipitacións, aconséllase aplicar un tratamento con funxicidas recomendados.


CAMELIA
  » Pulgóns (Ficha técnica) (Ver fotos)
  Recórdase que coas agromacións adoitan aparecer os primeiros exemplares da especie Toxoptera aurantii. Débese vixiar a aparición e evolución das súas poboacións en función da climatoloxía para intervir en caso necesario.


  » Eriófidos (Ficha técnica) (Ver fotos)
  Tamén esta é a época idónea para realizar a primeira intervención fronte ao ácaro eriófido Cosetacus camelliae, responsable da caída do botón floral. Debido a que o 31 de decembro de 2007 concluíu, en aplicación da normativa europea, a autorización para o uso do bromopropilato, a materia activa que habitualmente se aplicaba, débese recorrer a outro acaricida (consultar aos técnicos, existe a posibilidade de utilizar fenazaquin ou fenpiroximato).




Estación Fitopatolóxica do Areeiro