Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » A Estación » Novas

Novas
 

Xullo  02

Aprobado un convenio de colaboración no que participa a EFA para a realización de traballos para a mellora e conservación do patrimonio natural dos soutos en galicia (2008-2010) [Leer máis]
   

Xullo  02

Aprobado un convenio de colaboración no que participa a EFA para a realización de traballos para a conservación e mellora do estado sanitario dos bosques en galicia (2008-2010) [Leer máis]
   

Xuño  27

Aprobado un proxecto de investigación no que participa a EFA para o control integrado do pulgón Toxoptera citricida [Leer máis]
   

Xuño  06

A EFA recibe a visita dunha Inspección Técnica da Comisión Europea do Sector de Sanidade Vexetal [Leer máis]
   

Xuño  02

Actualizada a sección de Publicacións » Libros » "Nuestro Agro" [Leer máis]
   
23/05/2008 Convocadas tres bolsas de investigación con destino na EFA [Leer máis]
   
12/05/2008 Nota de prensa e fotografías da Presentación do libro "Nuestro Agro" [Leer máis]
   
09/04/2008 Publicamos varios avisos fitosanitarios con recomendacións de actuación para varios cultivos [Leer máis]
   
09/04/2008 Publicamos varios avisos fitosanitarios con recomendacións de actuación para varios cultivos [Leer máis]
   
04/04/2008 A EFA participa na organización do I Simposio Iberoamericano - IV Jornadas Ibericas de Horticultura Ornamental [Leer máis]
   
31/03/2008 Publicamos un aviso fitosanitario con información sobre o Mildeu da viña.[Leer máis]
   
17/03/2008 Actualizado 18/03/2008!! Publicamos varios avisos fitosanitarios con recomendacións de actuación para varios cultivos [Leer máis]
   
07/03/2008 A EFA foi felicitada polo FECYT polas actividades levadas a cabo co gallo do Ano da Ciencia 2007 e da Semana Galega da Ciencia 2007. [Leer máis]
   
05/03/2008 A EFA depositou na Colección Española de Cultivos Tipo (CECT) un illlado de Phytophthora pseudosyringae procedente de plantas de castiñeiro. Rexistrado baixo o Nº de Acceso 20741. [Leer máis]
   
09/01/2008 Renovación total da páxina [Leer máis]
   
26/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro no IES Manuel Antonio de Vigo [Ler máis]
   
21/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro na Facultade de Biología da Universidade de Ourense [Ler máis]
   
15/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro na Facultade de Biología da Universidade de Santiago [Ler máis]
   
06/11/2007 Visita da Corporación Provincial á finca Areeiro [Ler máis]
   
06/11/2007 Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro no pazo provincial da Deputación [Ler máis]
   
31/10/2007 A Deputación de Pontevedra a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro distribúe camelias e fentos entre os concellos da provincia [Ler máis]
   
30/10/2007 Areeiro co ano da ciencia: Dentro do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnológica 2006-2010 (IN.CI.TE.) [Ler máis]
08/06/2007 Desde o 16 de Abril de 2007 fíxose pública a constitución da Estación Fitopatolóxica do Areeiro como Unidade Asociada á Misión Biolóxica de Galicia [Ler máis]
 

AVISOS FITOSANITARIOS
17/03/2008


VIÑA
  » Mildeu
  Ata o momento non se produciu a maduración da oospora do Mildeu (ficha técnica), segundo a técnica que se aplica na EFA para determinar este momento. Polo tanto, aínda é moi cedo para realizar unha intervención.

Actualización 18/03/2008: Produciuse a maduración da oospora na comarca de Pontevedra. Isto significa que cando se rexistren as condicións climáticas e de crecemento da vexetación necesarias para o desenvolvemento da enfermidade, deberanse iniciar os tratamentos fitosanitarios para controlala (ata o momento NON é necesario tratar).

» Excoriose
  As temperaturas mornas das últimas semanas levaron a que en xeral a agromación se adiantara fronte a anos anteriores na nosa zona. Deste xeito, xa a semana pasada se observaron viñedos con gromos en estados D - E, aínda que isto non é o normal. Débese recordar que naquelas viñas onde existan problemas de excoriose, estes momentos (saída de follas-Follas estendidas) son aqueles nos que se debe aplicar un tratamento (con mancozeb ou folpet entre outros) para limitar esta enfermidade da madeira.

CAMELIA
  » Pulgóns
  Coas primeiras agromacións nalgunhas plantas vimos os primeiros exemplares da especie Toxoptera aurantii, aínda que de forma moi esporádica e puntual. Débese vixiar a aparición e a evolución das súas poboacións en función da climatoloxía para intervir en caso necesario.

  » Eriófidos
  Tamén en breve será a época idónea para realizar a primeira intervención fronte ao ácaro eriófido Cosetacus camelliae (ficha técnica), responsable da caída do botón floral. Debido a que o 31 de decembro de 2007 concluíu, en aplicación da normativa europea, a autorización para o uso do bromopropilato, a materia activa que habitualmente se aplicaba, débese recorrer a outro acaricida (consultar aos técnicos, coa posibilidade de utilizar fenazaquin ou fenpiroximato).

CÍTRICOS E ORNAMENTAIS
  » Cochinillas
  Nos últimos días recibimos na EFA numerosas mostras con ataque da cochinilla Ceroplastes sinensis (máis fotos). Nestes momentos, nas poboacións deste insecto dominan as primeiras fases ninfais, co que é o momento idóneo para aplicar un tratamento (con insecticidas recomendados para cada planta). Deste xeito redúcese a instalación do fungo negrilla sobre a melaza que segregan todos os estados de desenvolvemento deste homóptero.

PIÑEIRO
  » Procesionaria
  Desde fai unhas semanas estanse a producir as procesións de eirugas desta praga, destinadas a soterrarse para crisalidar e emerxer os adultos na primavera-verán. Estas eirugas posúen pelos urticantes que poden xerar alerxias ás persoas, polo que se debe gardar a precaución de non achegarse a elas.

VARIOS CULTIVOS
  » Curculiónidos
  Co inicio da agromación observáronse os primeiros signos do ataque de curculiónidos (máis fotos), insectos que en estado adulto producen danos ao "roer" as xemas, gromos recentemente estendidos e as follas tenras. Debido á dificultade do seu control, aconséllase a súa eliminación por medios mecánicos no caso de ser detectados, debendo recorrer só á aplicación de insecticidas se os danos comprometen a agromación en xeral.



Estación Fitopatolóxica do Areeiro