Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


SITUACIÓN FITOSANITARIA DA VIÑA NO MOMENTO DA VENDIMA
25/08/2017


VIÑA Estado fenológico: N [estado 89 –grans listos para a colleita- da codificación BBCH]

Esta semana marcou o inicio da vendima na maioría das comarcas, o que supón un adianto de 3-4 semanas, segundo zonas, fronte ao máis habitual debido ao clima seco e cálido deste ano. De feito, mesmo puidemos comprobar que xa nas fincas máis adiantadas os rebuscos están comezando a tomar a cor de maduración, o que é aínda máis sorprendente.

24ago17_Cor dourada de acios de Albariño en Condado 24ago17_Os rebuscos empezan a brillar nas zonas mais adiantadas


Onte xoves día 24 fixemos unha última revisión a algunhas das nosas parcelas de seguimento e a outras fincas para coñecer en qué situación se atopaban. Así mesmo, recollemos mostras de uvas en sitios onde non comezou a colleita e tivemos os seguintes valores de grao alcohólico en Albariño:

- Comarca de O Condado.- Albeos (Crecente): 11.96º; Vide (as Neves): 13,8º

- Comarca de O Rosal.- Eiras: 10.32º

- Comarca de O Salnés.- Castrelo: 12.4º

- Comarca de Pontevedra.- Areeiro: 12.1º


ENFERMIDADES

A situación xeral observada responde a un ano no que as patoloxías máis comúns nas nosas viñas (mildio, oídio e mesmo podre) non causaron danos. Como todos sabemos, o mildio non amosou apenas agresividade máis que nun momento puntual cara inicio da campaña, pero despois, a pesar de ter habido condicións favorables ás infeccións secundarias, foi perfectamente controlado polas aplicacións funxicidas, e mesmo nas plantas testemuña apenas causou máis danos tras aquel momento e aínda agora presentan follas sen apenas manchas alternando con follas afectadas por manchas de aceite novas (escasas) e mildio en mosaico.

24ago17_Nesta campaña mesmo as plantas testemuña presentan folla verde 24ago17_Folla con mildio en mosaico en planta testemuña

24ago17_Rebusco con oidio  e tamen golpe sol e dano paxaros Canto ao oídio, aínda que as condicións climáticas deste ano puideron favorecer o seu desenvolvemento, a realidade é que apenas houbo incidencia máis que en plantas de variedades tintas moi sensibles, e mesmo os rebuscos de Albariño, que no entorno da vendima soen estar totalmente cubertos de micelio, aparecen sas ou con apenas uns poucos grans afectados.





A botrite ou podremia tampouco está a presentar unha incidencia importante, polo menos segundo se desprende das nosas observacións e das mostras e consultas recibidas no laboratorio. Isto é lóxico porque sabemos que é un patóxeno directamente relacionado con condicións climáticas húmidas (que apenas as hai) e danos previos nas uvas (por rachos da pel dos grans –apenas presentes pola escaseza de choivas-, por penetracións de couza, alimentación de paxaros…). Neste sentido, incluso variedades tan sensibles como Treixadura ou Loureira presentan os acios libres do fungo na maioría dos casos.

24ago17_Este ano e en xeral os acios de Treixadura teñen bo aspecto 24ago17_Ainda que alguns acios de Loureira estan con gretas a maioria estan sas 24ago17_A pesar da seca hai acios de Loureira con botrite polo orballo nocturno
Canto ás demais patoloxías, a seca que continúa a haber provocou que na visita de onte día 24 observaramos un maior número de plantas con expresión de síntomas de patoloxías ou alteracións de madeira.

Planta con sintomas de enfermedad de madera Planta con síntomas de patologías de madera marcada para su tratamiento diferenciado en la poda Necrosis inicial de los vasos en planta afectada por alteraciones de madera

PRAGAS

Nas nosas parcelas de seguimento e nas demais fincas que visitamos onte xoves non observamos presenza destacable (e sempre moi por debaixo dos limiares de tratamento) de ovos ou penetracións de eirugas de couza do acio. Porén, nunha finca que visitamos no Salnés si atopamos dous rebuscos cun elevado número de ovos (un deles ademais con danos de eirugas) que en todo caso non producirán danos ao resto dos acios debido a que xa se está a iniciar a vendima.

24ago17_Alguns rebuscos presentan moitos ovos de couza 24ago17_Alguns rebuscos presentan moitos ovos e danos de eirugas de couza
Canto aos cicadélidos, non observamos adultos en vo e de feito nas trampas que temos instaladas nas parcelas de seguimento que visitamos, a súa presenza non variou sensiblemente desde a última revisión que fixeramos (8-9 agosto). No que ao cicadélido vector da flavescencia dourada (Scaphoideus titanus) se refire, onte tampouco tiñamos captura algunha nas trampas que temos nas viñas de Pontevedra. Sen embargo, xa podemos confirmar que os exemplares recollidos en Ourense aos que aludiamos no aviso do día 11 si son da especie S. titanus, e representan, ata o momento, os únicos dos que temos constancia nesta campaña en Galicia.

02ago17_Cara dunha trampa con numero capturas mais frecuente Scaphoideus titanus capturado en trampa cromática
Finalmente, so observamos síntomas de trips nos gromos terminais da viña de O Salnés onde os detectaramos, mentres que de ácaros si vimos algún gromo novo afectado por acariose en senllas fincas de O Rosal (presenza de individuos confirmada no laboratorio) e maior presenza de gromos cos característicos síntomas de erinose en case todas as fincas.

Punteaduras necróticas y entrenudos cortos por trips 02ago17_Follas terminais bronceadas por acariose Elevada presenza de erinose en gromo terminal
ALTERACIÓNS NON BIÓTICAS

Como era de esperar tamén observamos na visita de onte máis acios afectados por golpes de sol e síntomas moi claros de seca, especialmente nas plantas de viñas con solos menos profundos e areosos.

05xullo17_Acio de Treixadura con golpe de sol Cor amarelenta por seca e escasez de solo Defoliacion y amarilleo en planta de terreno superficial y pobre