|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
04/08/2017
VIÑA Estado fenológico:
M2 - N [estados 83-85 da codificación BBCH]
|
AÃnda que nesta semana as temperaturas non foron moi elevadas, continúa o avance da maduración das uvas, e de feito nas zonas máis adiantadas xa se fala da vendima para finais deste mes de agosto. Por iso, aÃnda que de momento é cedo, recollemos uvas de Albariño en diferentes fincas para calcular o grao alcohólico, obtendo os seguintes resultados:
- Comarca de O Condado.- Albeos: 9.53º; Corzáns: 7.7º; Meder: 7.64º; Vide: 11.6º
- Comarca de O Rosal.- Eiras: 6.9º; Pazo: 7.47º (a parcela de seguimento de Tollo é de CaÃño branco)
- Comarca de O Salnés.- A Modia: 8.69º; Barrantes: 6.2º; Castrelo: 6.24º
|
Mildio |
Debido ás condicións climáticas da semana transcorrida desde a emisión do aviso anterior, houbo condicións para a esporulación do patóxeno practicamente todos os dÃas segundo as estacións, ao haber de noite mais de catro horas con humidade relativa moi elevada e/ou humidade foliar unidas a temperaturas suaves, por riba, en xeral, dos 12ºC. Ademais, houbo precipitación lixeira entre venres 28 e sábado 29 (inapreciable case nalgunhas localidades pero sempre moi reducida), e desde onte xoves dÃa 3 tamén se está a producir na maiorÃa das comarcas, aÃnda que en cantidades moi pequenas.
Pese a estas condicións favorables ao mildio, na visita dos dÃas 1 (Salnés) e 2 (Condado, Rosal) ás parcelas da nosa rede e a outras que visitamos, apenas notamos evolución na porcentaxe de follas con presenza de manchas (que se localizan basicamente nos gromos terminais), mesmo nas plantas testemuña onde, loxicamente, o número e superficie ocupada polas manchas é maior. Iso si, as manchas presentaban unha esporulación máis ou menos evidente segundo se atopasen en plantas sen tratamentos ou tratadas, e tamén a observamos mesmo en manchas antigas.
En principio esta sintomatoloxÃa non deberÃa ter maior incidencia se, como anuncian as previsións a dÃa de hoxe, durante a semana entrante haberá tempo seco, basicamente soleado e ventos de dirección Norte ou variable. Porén, pode reducirse a infección eliminando a vexetación nova afectada, ou ben, como dixemos no aviso anterior, no caso de que aparezan moitas manchas nas follas ou danos nas varas a consecuencia deste clima máis húmido, aplicar un tratamento cúprico se existe risco de defoliación.
|
OÃdio |
Tampouco atopamos diferenzas notables, fronte á revisión anterior, na situación das viñas en relación a este patóxeno: só presencia de micelio nos acios dos gromos coñecidos como “netos†que, como dixemos no aviso anterior, deben ser eliminados se son moi abundantes, tanto para evitar potenciais danos por botrite como para favorecer aos gromos produtivos.
|
Botrite |
Do mesmo xeito que no caso do mildio, os dÃas de maior humidade houbo un incremento no volume de esporas no captador que temos entre as filas sen tratamentos da nosa finca de Areeiro (datos analizados ata o dÃa 1 de agosto).
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)
|
Non obstante, e como sempre dicimos, este patóxeno está moi condicionado polo estado sanitario da uva de xeito que, si se mantivo sa ao longo da campaña (caso máis habitual este ano), non é probable que se produzan danos aÃnda que haxa perÃodos con condicións máis favorables á enfermidade (humidade moi elevada durante horas máis temperaturas altas). Neste momento existen no mercado funxicidas antibotrÃticos que aÃnda se poden aplicar dirixidos aos acios (salvo nos casos en que as adegas limiten os tratamentos) polo seu menor prazo de seguridade (14 dÃas).
No caso de non poder xa intervir debido á limitación da data do último tratamento por parte das adegas, débese asegurar no posible a correcta aireación dos acios. Ademais, e como anunciabamos no aviso anterior, están empezando a observarse danos por paxaros (de momento, escasos), pero pode reducirse o risco de instalación do fungo sobre eles eliminado os acios/grans afectados
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Nas parcelas da nosa rede continúa o inicio do voo dos adultos da terceira xeración de Lobesia botrana, pero as capturas nas trampas son extremadamente baixas, cando as hai. De feito, na maiorÃa de fincas non observamos ovos ou penetracións das eirugas nos grans e, si as hai, están por debaixo dos limiares de tratamento, que lembren están establecidos en 3-5% de acios con penetracións nas variedades sensibles á botrite e en 8% no resto de variedades.
|
Cicadélidos |
Nos dous avisos anteriores falabamos de que se incrementaran as poboacións destes insectos en voo, e que polo tanto instalaramos trampas novas en todas as fincas da nosa rede para facilitar os recontos. Pois ben, segundo se pode observar na gráfica que se adxunta, o número de adultos recollido nas trampas foi variable, oscilando desde os 11 de Corzáns ou os 17 de Meder ata os 254 de Tollo, que foi a única parcela onde se capturou unha cifra lixeiramente superior ao limiar de tratamento establecido neste momento que, como sempre dicimos, está sobreestimado, e de feito nesta finca non existe o máis mÃnimo sÃntoma que apunte a danos destes insectos.
Canto ao reconto de ninfas nas follas de todas as parcelas que visitamos (as nosas habituais de seguimento e outras) apenas foron observadas, e mesmo na finca de Tollo a cifra máxima foi de tres en cen follas, co que en ningún caso demos a recomendación de aplicar un tratamento.
|
Trips |
Hai unhas semanas que vimos falando dos sÃntomas destes insectos nunha finca que visitamos no Salnés. Pois ben, unicamente continuamos a observar a sintomatoloxÃa do ataque destes insectos en gromos terminais, sen afectar ao resto da masa foliar (que como sabemos, e en xeral, este ano é moi abundante), nin aos acios, e tampouco as poboacións son abundantes, como puidemos confirmar no laboratorio observando á lupa as follas sintomáticas recollidas.
|
Ãcaros |
Nesta semana fomos visitar unha finca da comarca de O Salnés (concretamente na zona do polÃgono industrial de Cambados) que presentaba a cor bronceada caracterÃstica dos ataques do ácaro causante da acariose (Calepitrimerus vitis) e que xa fora tratada. Tamén cerca desa finca habÃa outra (abandonada neste caso) con abundante presenza de individuos (confirmado no laboratorio). No resto de fincas, unicamente observamos sÃntomas illados ou ausencia total deles. Canto á erinose, si observamos que nos novos gromos están a aparecer novamente sÃntomas, pero como sabemos este ácaro non require tratamento na nosa zona.
|
Outros |
Ao marxe da presenza das plantas con sÃntomas de alteracións da madeira, son cada vez máis evidentes os sÃntomas debidos á seca deste ano, en especial en plantacións con solo escaso e/ou mal equilibrado.
|
CÃTRICOS |
Diferentes especies de insectos chupadores |
AÃnda que as precipitacións lixeiras que se rexistraron no fin de semana e que se están a dar nalgunhas zonas desde onte dÃa 3 non son favorables, en xeral, a estes insectos, nesta semana volvemos observar abundante presenza de adultos e ninfas novas de diferentes especies destes insectos (moscas brancas, psila africana ou pulgóns). Lembramos que nos casos onde se produza esta situación haberá que realizar un tratamento para evitar a instalación de fungos de negrilla sobre as sustancias azucradas que emiten.
|
NOGUEIRA |
Mosca da casca verde da noz (Rhagoletis completa) |
No mes de xuño colocamos trampas para detectar este insecto nunhas nogueiras da comarca de Pontevedra. O voo da especie empezou na terceira semana de xullo pero nas últimas dúas semanas estamos tendo o maior número de capturas (do orde de 25 adultos por trampa). Trátase dun insecto que destrúe a casca verde da noz, que podrece e seca, e que diminúe a calidade das noces, asà como a cantidade, porque ataques temperás fan caer os froitos que se están a formar. En España non hai insecticidas especificamente destinados ao control desta praga, asà que é importante eliminar os froitos caÃdos ao chan para evitar que as larvas se enterren para pupar.
Pódense confundir os sÃntomas nas noces cos provocados polo fungo responsable da antracnose da nogueira que, fronte á mosca, tamén xera sÃntomas en forma de manchas escuras nas follas
|
|