Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


AVISO FITOSANITARIO
28/07/2017


VIÑA Estado fenológico: M1 - M2 - (N) [estados 81-83-(85) da codificación BBCH]

12xull17_Nas viñas adiantadas hai indicios de pintado Nesta semana volvemos notar un adianto evidente na fenoloxía da viña, estando todas as nosas parcelas de seguimento no pleno pintado e mesmo, as máis adiantadas e en xeral acios de case todas as demais, cos grans brillantes ou empezando a abrandar (estes os menos). Como sempre, esta circunstancia é máis clara na finca de Vide (O Condado) que posúe unhas condicións extraordinarias para o desenvolvemento da viña. Tanto é así, que mesmo recollemos unha pequena mostra de grans para facer a medición do grao alcohólico e, se ben aínda estamos en xullo, xa se acadaban os 9,87º de media. Esta campaña está a ser a máis adiantada dos últimos anos a estas alturas, próxima iso si á de 2011, cando o estado “N” consignámolo nas fincas da nosa rede o 2 de agosto. Fronte ao ano anterior (2016), o inicio da maduración se está a producir case un mes antes, xa que daquela se chegou a “N” o día 24 de agosto

Segundo nos informaron, as grandes bodegas xa empezan a fixar as datas límite para o último tratamento. Porén, aínda queda marxe de tempo para realizar algunha intervención se é preciso, pero non esquezan que deben elixirse os produtos con PRAZOS DE SEGURIDADE QUE POIDAN SER RESPECTADOS


Mildio

No momento da emisión do aviso anterior, as previsións meteorolóxicas anunciaban, en xeral, tempo soleado para esta semana, aínda que algunhas apuntaban alta probabilidade de precipitacións para o sábado día 22. Pois ben, finalmente a climatoloxía si foi bastante estable aínda que sen as temperaturas tan altas doutras semanas e con maior presencia de néboas persistentes ou nebulosidade, ao marxe da reducida precipitación (sempre inferior a 5 l/m2 pero o normal do orde de 0,5-2) rexistrada na maioría das zonas o día previsto e tamén onte xoves día 27 (de menor contía).

Na visita do mércores 26 ás nosas parcelas de seguimento e a aquelas outras que visitamos apenas atopamos síntomas bastante ailllados da enfermidade en follas terminais de gromos que non están cubertos por unha intervención anterior. Tamén a carga de esporas no captadores que temos en Areeiro foi baixa, especialmente nas filas tratadas (volumes sempre inferiores a 50 esporas/m3) pero igualmente nas testemuña, onde tamén apenas variaron os síntomas (ver gráfica).
grafica_19052017

As previsións das axencias meteorolóxicas consultadas apuntan a certa inestabilidade para os próximos días, con posibilidade de precipitacións máis ou menos lixeiras, segundo a previsión, para sábado, e domingo, luns ou xoves. Co pintado xa xeneralizado o fungo non afecta aos acios, co que xa non hai risco de perdas directas sobre eles e non será necesario, en xeral, aplicar tratamentos fronte a esta enfermidade. Unicamente podería ser necesaria unha intervención no caso de que as posibles precipitacións que se dean no futuro afecten seriamente á vexetación e poidan comprometer a adecuada maduración da uva, o que será máis probable en parcelas debilitadas pola seca deste ano (ou outros motivos), algunhas das cales xa están a perder follas debido á escaseza de choivas.

26xull17_Manchas de mildio en gromos non accesibles ao tratamento 26xull17_Manchas novas en gromo novo de planta testemuña

Oídio

As condicións climáticas destes días pasados foron bastante favorables ao fungo ao haber moitos días con néboas ou nebulosidade durante parte do día. Porén, dado que xa o pintado é o estado dominante nas viñas e que a partir deste momento o patóxeno xa non afecta aos grans, non notamos cambios fronte á semana anterior salvo nunha fila dunha variedade tinta moi sensible que non se trata nunha das fincas da nosa rede de seguimento e nos acios que medran nos gromos coñecidos como “netos”, onde si se observou maior presenza de micelio. Estes acios, nos casos en que sexan abundantes, deben ser eliminados porque son sensibles a este fungo e as posibles gretas que poidan producirse na súa pel poden incrementar o risco de ataque de botrite si se dan condicións favorables ata a vendima.

26xull17_Oidio en acio de tinta moi sensible 26xull17_Oidio en acio tardio
Botrite

Como dixemos na semana anterior, a partir de agora é a podre a enfermidade á que máis atención hai que prestar, porque co incremento dos azucres na uva hai máis probabilidade de que se instale o patóxeno, cuxo volume de esporas, na nosa finca de Areeiro, aínda é baixo pero está a aumentar (ver gráfica). De momento os acios están bastante sas, aínda que hai que prestar atención aos posibles danos debidos ás couzas do acio, onde soe instalarse, ou ás fisuras en grans de variedades como Loureira, ou aos danos por paxaros que non tardarán moito en aparecer nos acios de maduración máis temperá. É necesario incrementar a vixilancia e en especial se hai longos períodos de tempo con humidade elevada.
grafica_19052017


Ataque incial de Botrytis Cinerea en racimo de albariño. Obsérvese: (flecha A) micelio incipiente del hongo; (flecha B) la penetración de la polilla 26xull17_Fisura en gran de Loureira Daños por pájaros en uvas en fase de maduración
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Está a comezar o voo da terceira xeración de Lobesia botrana (de Eupoecilia ambiguella non tivemos capturas nesta campaña) e por iso, e como dixemos anteriormente na botrite, é necesario vixiar moi ben a presenza de ovos e sobre todo de buracos de penetración ou as propias penetracións de eirugas nos grans. Hai que ter en conta que máis que danos directos (que non soen ser graves na nosa zona), as feridas das eirugas poden ser as vías de entrada para o fungo da podre, e de aí que os limiares de tratamento garden relación coa sensibilidade da uva ao patóxeno: non está xustificada unha intervención por debaixo de 3-5% de acios con penetracións nas viñas sensibles á botrite e por debaixo do 8% no resto de casos.

26xull17_Orificio de penetracion e danos de Lobesia Penetración couza con eiruga entre dous grans
Cicadélidos

Se na visita anterior ás parcelas da nosa rede observaramos un incremento das poboacións destes insectos en voo, nesta semana notamos ese aumento nalgunhas das comarcas do sur, onde a cifra máxima de capturas foi de 166 adultos, inferior aínda ao limiar de tratamento. Por iso instalamos unha nova trampa amarela en cada unha das parcelas para que sexa máis sinxelo facer o control das capturas. Con todo, non esquezan que os limiares de intervención que están establecidos para estes insectos (máis de 250 capturas/trampa e semana) están a ser revisados porque se supoñen sobreestimados, ao non xerar danos significativos como antes se pensaba. Por iso, para tomar unha decisión acertada hai que facer tamén o reconto de ninfas nas follas, e este dista moito do limiar establecido, que por outra banda tamén se considera sobreestimado.

26xull17_Unha cara da trampa con 166 cicadelidos 26xull17_Reverso da trampa con 166 cicadelidos
Outros

Canto ás enfermidades, continúan a aparecer plantas afectadas por patoloxías de madeira neste ano no que a seca favoreceu a expresión dos seus síntomas.

Las altas temperaturas han favorecido manifestación síntomas madera Síntomas característicos de patología de madera No olviden marcar las plantas con enfermedades de madera
No que a pragas se refire, seguen localizados os síntomas debidos a trips (da especie Drepanothrips reuteri) na parcela de O Salnés onde estamos a facer un seguimento específico, e empezan a aparecer novos síntomas de Janetiella oenephila, que lembren que carece de importancia. Tamén este ano estamos a recibir numerosas consultas sobre as bugallas características da filoxera que están a aparecer en follas de patróns. Canto aos ácaros, non observamos cambios nesta semana nin na presenza de erinose nin na de acariose na finca de O Salnés onde estamos a seguir a súa evolución.

Punteaduras necróticas e entrenós curtos por trips 26xull17_Volven observarse síntomas Janetiella 26xull17_Bugallas filoxera en folla gromo de patrón

CÍTRICOS
Trioza erytreae, moscas brancas e outros chupadores

Nos gromos novos dos limoeiros é frecuente ver nestes días abundantes adultos de moscas brancas, así como adultos, ovos e ninfas novas da psila africana (Trioza erytreae) e tamén pulgóns. Nos casos nos que as poboacións sexan abundantes haberá que realizar un tratamento para evitar a instalación de fungos de negrilla sobre as sustancias azucradas que segregan estes insectos.

Adulto de mosca blanca e sintomas de Trioza Adultos mosca branca e Trioza erytreae Colonia de Toxoptera aurantii en brote de limonero
BUXO
Cydalima perspectalis

Esta semana volvemos ter numerosas consultas sobre a aparición de defoliacións intensas en moitas plantas de buxo, circunstancia que está a suceder en varias comarcas da provincia de Pontevedra e mesmo de fóra de Galicia, de onde tamén nos chamaron (concretamente de Cantabria e Cataluña). Nestes momentos as eirugas de últimos estados dominan claramente, son moi voraces, e ademais normalmente están envoltas nos casulos que forman coas follas, polo que os tratamentos deben ser aínda máis precisos, mollando moi ben as plantas en todas as súas caras e repetindo a intervención se é preciso.

Os insecticidas a utilizar poden ser de orixe natural (aceite de parafina ou azadiractin) ou sintética (piretroides)


Consecuencias de la defoliacion en planta de boj Danos de Cydalima perspectalis na parte superior de buxo Oruga desarrollada de Cydalima perspectalis