|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
21/07/2017
VIÑA Estado fenológico:
L - M1
|
Mildio |
As néboas densas e persistentes que houbo o luns 17, a nebulosidade do martes 18 e sobre todo as precipitacións rexistradas o mércores 19 (de ata 6-7 l/m2 nalgunhas estacións), unidas a temperaturas nocturnas aÃnda elevadas (salvo esta última noite) son condicións favorables ao patóxeno. Deste xeito, nas análises de que dispoñemos polo de agora das esporas recollidas nos captadores que temos instalados na nosa finca de Areeiro (un entre as filas testemuña e outro entre filas tratadas) houbo un incremento no volume das mesmas. As análises están dispoñibles ata o dÃa 18, aÃnda que a tendencia que parecen ter os datos do 19 apuntan a un aumento aÃnda máis significativo debido ás choivas e polo tanto á maior humidade.

|
Na nosa visita aos viñedos da nosa rede e a outros que revisamos observamos precisamente unha lixeira presenza de manchas novas con esporulación nos crecementos máis tenros, e mesmo nalgunha finca manchas vellas que, illadamente, presentaban novamente esporanxios do fungo e/ou certa zona de avance. Pola súa banda, nos acios, que aÃnda non acadaron o pintado na súa totalidade, non observamos novos sÃntomas, e os antigos aparecen controlados.
As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian ceos con nubes e claros polo menos ata sábado ou domingo, e varias delas indican alta probabilidade de precipitación (lixeira, iso si) para últimas horas de hoxe e/ou primeiras horas de sábado. Desde ese momento case todas coinciden en que o tempo tenderá a estabilizarse, polo que o risco de infección medio xerado polas choivas baixará. Con esta situación, a nosa recomendación é:
- Naquelas viñas aÃnda dentro do perÃodo de protección do tratamento anterior e co pintado maioritariamente acadado, revisar o viñedo, aÃnda que non deberÃan aparecer novos sÃntomas máis que esporadicamente nos crecementos non protexidos;
- Naquelas fóra do perÃodo de cobertura do tratamento anterior, facer unha nova aplicación cun produto cúprico para protexer a vexetación e os posibles danos que poida haber nos acios que aÃnda non acadaron o pintado polas condicións favorables rexistradas.
Nos viñedos que non foron sometidos recentemente a podas en verde pódese reducir o nivel de infección eliminando os gromos novos con follas tenras que son as que presentan manchas, o que facilitará tamén a ventilación e o bo estado sanitario xeral dos acios. Ademais, lembren que, co mesmo obxectivo, é imprescindible manter a cuberta vexetal ben segada
|
OÃdio |
Pese a ter habido condicións moi favorables ao patóxeno durante estes últimos dÃas, só observamos sinais do fungo nuns acios e nalgunha folla nova dunha finca de O Salnés que fomos visitar esta semana. O motivo da nosa visita foi precisamente que presentaba ataques mal controlados de varios patóxenos, pero comprobamos pola situación dos afectados que era debido a un exceso de frondosidade na viña, que non permitÃa a chegada dos produtos de tratamento a eles, o que redunda unha vez máis na importancia das labores culturais para axudar a manter os acios sas. Xa sabemos que conforme se xeneralice o pintado o risco diminúe, pero de momento, e sobre todo en parcelas con variedades sensibles e historial de danos pola enfermidade, recoméndase manter a vixilancia, aÃnda que xa non son de esperar ataques significativos.
|
Botrite |
Como vimos dicindo, a sensibilidade dos acios ao mildio e ao oÃdio desaparece desde o pintado, pero aumenta a susceptibilidade á botrite (podre), que ven a ser a enfermidade que representa un risco maior ata a vendima. Ademais da humidade e da temperatura, o estado xeral das uvas tamén inflúe a súa instalación, e este, de momento e cando menos nas fincas da nosa rede e na maiorÃa das que visitamos, é moi bo.
As labores de esfollado e desnetado son medidas preventivas moi eficaces que axudan a loitar fronte a esta enfermidade
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Na maiorÃa das parcelas da nosa rede parece que rematou o voo da segunda xeración de Lobesia botrana, pois xa non tivemos capturas. Tampouco nesta semana observamos postas ou sÃntomas da actividade das eirugas en ningunha viña.
|
Cicadélidos |
Nesta semana observamos, nalgunhas viñas da comarca de O Salnés, un incremento destes insectos voando. Este incremento tamén o notamos, aÃnda que menos evidente, nas trampas, e en todo caso non chega a ser tan alto como para xustificar a realización dun tratamento. Ademais, o reconto de ninfas nas follas permanece en termos similares aos da semana anterior, polo que de momento só se aconsella incrementar a vixilancia nesta zona.
|
Ãcaros |
Nunha viña que visitamos esta semana en Ribadumia observamos a sintomatoloxÃa tÃpica de Calepitrimerus vitis, causante da acariose. Recollemos mostras e puidemos comprobar no laboratorio que o ton bronceado das follas e os entrenós curtos e en zigzag debÃanse a unha elevada presencia deste ácaro. Non é nin moito menos unha situación xeneralizada, porque no resto de fincas non aparecen estes sÃntomas e as análises das follas no laboratorio continúan dando ausencia de individuos. Pola contra, continúan facéndose máis evidentes os sÃntomas da erinose de verán.
|
Outros (trips, enfermidades de madeira e golpes de sol) |
Na finca de O Salnés onde levamos dúas semanas comprobando as poboacións de trips (da especie Drepanothrips reuteri) xa se empeza a observar o cambio de cor das follas coas picaduras de alimentación caracterÃsticas. Porén, trátase dun sÃntoma que de momento permanece bastante localizado nunhas plantas, e polo tanto non se vai recomendar un tratamento xeral na parcela.
|
MACEIRA |
Moteado |
Nas parcelas da nosa rede de seguimento continuamos sen ter sÃntomas de moteado, pero o incremento da humidade xerado polas nubes e a choiva pode favorecer a aparición de nova sintomatoloxÃa naquelas fincas onde si se detectara o fungo. Lembren que ata o momento da colleita poden producirse danos nas mazás e que en caso de tratar hai que respectar estritamente o prazo de seguridade do funxicida elixido.
|
Cydia pomonella |
No caso de non dispor de trampas para o seguimento do voo destas bolboretas, debe manterse a protección ata o momento da colleita. En caso de realizar algunha aplicación fitosanitaria en variedades de maduración estival, debe respectarse escrupulosamente o prazo de seguridade do produto utilizado. Por outra banda, xa é bo momento para instalar as bandas-trampa destinadas a capturar as eirugas que se retiran a invernar. Estas bandas, lembren, deben ser retiradas e destruÃdas no outono.
En todo caso, lembren que as penetracións das eirugas non só deprecian directamente os froitos senón que tamén favorecen a instalación de fungos de podremia sobre eles, polo que é conveniente retiralos
|
Outros (danos por paxaros) |
A estas alturas, xa se poden observar, en moitas zonas, danos causados por estes animais ao alimentarse. Sobre as feridas que xeran poden, en condicións de humidade, instalarse fungos oportunistas como a botrite que terminan dispersándose pola árbore e afectando a boa parte da froita. Tamén diversos dÃpteros, como Drosophila spp. ou Ceratitis capitata, poden aproveitar estas feridas, depreciando aÃnda máis a froita.
|
MARMELEIRO |
OÃdio |
En moitas fincas con pés destas árbores está a incrementarse a presenza de follas co micelio deste patóxeno. Se a situación é coincidente e o número de follas afectadas é importante haberá que aplicar un tratamento.
|
Entomosporium maculatum |
Tamén na maiorÃa das zonas hai una forte presenza de follas coas manchas caracterÃsticas deste fungo, que pode causar defoliación e polo tanto comprometer a maduración dos froitos. Por este motivo é necesario aplicar un tratamento (entre os fitosanitarios que se poden empregar están o clortalonil ou a dodina).
|
PLÃTANO DE SOMBRA |
OÃdio e tigre do plátano (Corythuca ciliata) |
A presenza do patóxeno (oÃdio) e do insecto (tigre) é practicamente unha constante nas follas das árbores dos nosos parques e avenidas.
|
HORTÃCOLAS EN RECOLECCIÓN |
Varias pragas |
Naqueles cultivos como o tomate ou a pataca onde se están a levantar plantas pola colleita, lémbrase a importancia de eliminar todos os restos das fincas, pois poden albergar a diferentes pragas. Todos sabemos que o máis habitual é non retiralos (sobre todo nas patacas), pero coa súa eliminación reducimos o nivel das poboacións dos parasitos para o ano seguinte.
|
|