|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
07/07/2017
VIÑA Estado fenológico:
(K)- L
|
Nesta semana a fenoloxÃa estivo bastante contida e non se observaron cambios fronte á semana anterior pese a que algúns dÃas houbo altas temperaturas durante horas
|
Mildio |
Do mesmo xeito que a semana anterior, as temperaturas nocturnas foron relativamente elevadas a partir do dÃa 2, e especialmente o 3 e o 4, onde mesmo acadaron valores, nalgunhas estacións meteorolóxicas, no entorno dos 19ºC. Con todo, a humidade relativa non foi elevada e tampouco houbo perÃodos longos de humidade foliar salvo estas dúas últimas noites, e especialmente a pasada, consecuencia das precipitacións que houbo en zonas da metade sur da provincia (ata 20 l/m2 en Cequeliños). De feito, dispoñemos de datos analizados no captador de esporas das filas testemuña de Areeiro ata o dÃa 4 (incluÃdo), e neses datos se observa que precisamente nos dous últimos dÃas o volume de esporas (esporas/m3 de aire) sufriu un incremento, que aÃnda será máis notorio cando estean analizados os datos de onte ou hoxe. Pola súa banda, no captador instalado entre dúas liñas tratadas, a carga máxima deuse precisamente o dÃa 4 con 19 esporas/m3, estando o resto de dÃas dos que dispoñemos de dato entre 3 e 9 esporas/m3.

Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)
|
Globalmente, na visita desta semana ás viñas efectuada os dÃas 4 (Salnés) e 5 (Condado, Rosal), non observamos sÃntomas e non houbo cambios fronte á semana anterior salvo nalgunhas plantas testemuña, onde apareceron manchas (illadas ou máis numerosas) na nova vexetación. Nos acios, a presenza de mildio é anecdótica salvo nestas plantas testemuña debido á progresión das infeccións anteriores. Segundo as previsións meteorolóxicas, a partir do luns 10 o tempo estará seco e soleado. Non obstante, é necesario continuar coa vixilancia debido ás precipitacións que se produciron nalgunhas zonas ou que se poden dar este fin de semana segundo algunha axencia meteorolóxica, especialmente naquelas fincas onde está próximo a finalizar o perÃodo de protección do anterior tratamento (ou este xa se superara, como en moitas das parcelas da nosa rede).
Volvemos observar esta semana viñas cunha frondosidade excesiva. Lembren que para o queda de campaña o control da enfermidade baséase nos cobres (produtos de contacto) unidos ou non a materias activas penetrantes (que só son absorbidas superficialmente) polo que garantir a chegada dos tratamentos a todos os acios só se consigue se a vexetación é moderada
|
OÃdio |
A maiorÃa dos viñedos alcanzaron o estado de peche do acio, momento a partir do que a probabilidade de novas infeccións diminúe. Con esta situación, e pese a ter habido ou haber algúns dÃas da semana néboas ou nebulosidade, a totalidade de parcelas tratadas permanecen libres da presenza do fungo. De feito, só se detectou o patóxeno nalgunhas follas de plantas testemuña.
|
Botrite |
As condicións climáticas destes dÃas non foron favorables a este fungo, e de cumprirse as previsións meteorolóxicas non parece que o serán tampouco a semana próxima.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Os niveis de capturas de machos de Lobesia botrana sufriron unha redución significativa nas fincas de Castrelo e A Modia (ambas de O Salnés), mentres que nas demais mantivéronse igual ou en termos parecidos aos da semana precedente. Pola súa banda, a situación en canto a postas e penetracións larvarias foi moi homoxénea entre todas as fincas, porque en realidade non observamos ningunha nas mostraxes realizadas. Era de esperar debido a que as temperaturas tan elevadas que temos sufrido non favorecen a reprodución desta praga. A situación foi idéntica tanto nas parcelas non tratadas como nas que recibiron un tratamento por consello dos técnicos, o que redunda unha vez máis en que hai que optimizar as intervencións, posto que moitas delas son realmente innecesarias.
Só a observación dos acios e a cuantificación das postas e penetracións polas eirugas serve para estimar as poboacións e, polo tanto, para avaliar o risco de danos posteriores. E lembren cales son os limiares de tolerancia: 3-5% de acios con penetracións en variedades sensibles a botrite e 5-8% no resto de casos
|
Cicadélidos |
Temos que seguir falando, unha semana máis, do escaso número de cicadélidos recollidos nas trampas. Iso si, nunha das nosas parcelas se incrementou lixeiramente a presenza de mosquito verde (Empoasca vitis) pero apenas se capturou unha ducia de individuos. Do mesmo xeito o reconto de ninfas nas observacións ás follas non variou (segue moi lonxe do limiar de tratamento), e tampouco atopamos ningunha ninfa de Scaphoideus titanus, nin nas fincas onde algúns anos temos tido capturas de adultos nin no resto.
|
Ãcaros |
Da mesma forma que no caso dos cicadélidos, non observamos sÃntomas de acariose ou de araña vermella, e unicamente permanecen ou se incrementa a erinose nalgunhas fincas.
|
Outros (trips, enfermidades de madeira e golpes de sol) |
Nalgunhas plantas dunha viña de O Salnés vimos pequenas picaduras ferruxinosas nas follas máis tenras que apuntaban á presenza de trips, polo que recollemos follas. Baixo a lupa binocular confirmamos a presenza de poboacións destes insectos. Vixiaremos a evolución por se fora preciso tratar.
As temperaturas elevadas seguen a favorecer a expresión de sÃntomas de alteracións da madeira, tanto dunha forma lenta como apopléxica.
Cada vez son máis frecuentes os acios con danos directos por golpes de sol. A posta en práctica dos esfollados e a eliminación do exceso de frondosidade fai posible a súa ventilación. Porén, a eliminación de follas, como sempre dicimos, debe ser moderada, e nunca debe facerse en condicións de temperatura moi alta para evitar a exposición excesiva ao sol das uvas antes ocultas.
|
BUXO |
Cydalima perspectalis |
Algunhas sebes e plantas illadas non tratadas amosan xa sÃntomas máis que evidentes do ataque das eirugas deste insecto.
Lembren que nos tratamentos poden utilizar produtos naturais como o aceite de parafina ou o azadiractin, ou senón cipermetrin, deltametrin ou outros piretroides (de orixe sintética). En todos casos débese mollar moi ben as plantas, mesmo no interior das sebes
|
CAMELIA |
Ãcaro del botón floral (Cosetacus camelliae) |
A elongación dos gromos é o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro, e nestes dÃas está a iniciarse en moitos cultivares. Na actualidade, as materias activas rexistradas fronte a ácaros en camelio son abamectina, aceite de colza + piretrinas, aceite de parafina, xofre e oxamilo.
|
|