Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


AVISO FITOSANITARIO
30/06/2017


VIÑA Estado fenológico: (K)- L
Mildio

Fronte ás dúas semanas anteriores as temperaturas máximas neste período foron máis baixas pero, salvo estas dúas últimas noites, os rexistros nocturnos continuaron elevados, acadando valores de 16-17 ºC, aínda que á vez a humidade relativa non foi excesivamente alta e houbo menos horas de humidade foliar. Despois, e como sabemos, o luns 27 empezaron as choivas e o descenso paralelo de temperaturas tanto diúrnas como nocturnas, aínda que estas continuaron sendo compatibles coa esporulación como se pode comprobar na gráfica de carga de esporas do captador situado entre as filas de plantas testemuña de Areeiro.

grafica_19052017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)

Con esta climatoloxía, a situación xeral observada esta semana na visita ás nosas parcelas de seguimento e a outras que estamos revisando foi en xeral de ausencia de novos síntomas,cos antigos ben controlados polos tratamentos que se aplican. Con todo, nalgunhas fincas aínda permanecen algunhas manchas e/ou acios con esporulación, e tamén recibimos na Estación mostras que a presentan. Pola súa parte, nas plantas testemuña a esporulación continúa activa e ademais empezan a aparecer timidamente novas manchas en folla.
As diferentes axencias meteorolóxicas consultadas anuncian unha melloría do tempo a partir de hoxe venres día 30, mesmo previndo temperaturas do orde de 30 ºC, o que non favorecerá ao patóxeno. Así e todo, tendo en conta que as precipitacións comezaron o día 27, é previsible que nos viñedos cun control deficiente aparezan novos síntomas a partir do 4 ou 5 de xullo, polo que non hai que descoidar a vixilancia aínda que o nivel de risco sexa menor si se cumpren as previsións.


No caso de ser necesario un tratamento, lembren que agora xa se deben empregar produtos que conteñan cobre, que basean a súa actividade na liberación deste ión que dana a permeabilidade da membrana do fungo, inhibe os seus procesos encimáticos propios e altera a respiración. Hai diferentes tipos de compostos que actúan máis ou menos pronto e que manteñen a súa actividade por un período máis ou menos longo sobre a planta. Entre os máis frecuentemente empregados están o hidróxido de cobre, que ten unha acción máis rápida e unha menor persistencia que o oxicloruro, o caldo bordelés e o sulfato tribásico de cobre, que teñen maior persistencia e menor rapidez de acción fronte aos anteriores


A pesar de que xa non é a situación xeral, continúan observándose viñedos cun exceso de vexetación que é imprescindible eliminar co fin de facilitar a ventilación dos acios e permitir o acceso dos funxicidas a eles
28xuñ17_Mancha curada en folla 28xuñ17_Manchas esporuladas 28xuñ17_Vista parcial plantas testemuña 28xuñ17_Mancha moi incipiente en planta testemuña 28xuñ17_Acio de planta testemuña

Oídio

Na revisión desta semana non vimos novos síntomas da enfermidade, a pesar de que as condicións climáticas rexistradas non foron en xeral limitadoras do desenvolvemento do fungo: as temperaturas óptimas para este patóxeno sitúanse entre 25 e 30ºC, aínda que pode evolucionar a valores máis altos, e a humidade relativa óptima comprende un rango tan amplo como 40-100%.

Con todo, aínda pode producirse algún dano na uva, especialmente naquelas parcelas/plantas sensibles ou con historial desta enfermidade, polo que se debe manter a vixilancia.

Oidio en folla 21xuñ17_Apenas se observa oidio
Botrite

Este ano, e en xeral, as uvas están sas e carentes de feridas neste momento da campaña, polo que non son proclives ás infeccións por este fungo. Tampouco as condicións climáticas lle teñen sido especialmente favorables. Así e todo, conforme avance a campaña haberá que prestar maior atención (xa desde o inicio do pintado pero máis na maduración), en especial a aquelas variedades sensibles e/ou se hai períodos de elevada humidade relativa ou choivas e gretas ou feridas nas uvas.

28xuñ17_O aspecto xeral do albariño e moi bo 28xuñ17_Tamén os acios de Loureira están sas Ataque incial de Botrytis Cinerea en racimo de albariño. Obsérvese: (flecha A) micelio incipiente del hongo; (flecha B) la penetración de la polilla
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Nas trampas que temos instaladas nas nosas parcelas de seguimento as capturas de machos de Lobesia botrana foron diferentes na súa evolución respecto á semana anterior, sendo o máis normal o aumento de individuos recollidos, que foi máis notorio nas fincas de O Salnés. Porén, en Vide (O Condado) e Tollo (O Rosal) houbo un descenso de capturas.

Para non aplicar tratamentos innecesarios fronte a esta praga debe considerarse, ademais do número de insectos recolleito nas trampas, a presenza de ovos e/ou de penetracións de eirugas nos grans, xa que as capturas de adultos non teñen por qué gardar unha relación directa cos futuros danos na uva. Lémbrase que non é recomendable tratar a menos que se supere o limiar de tolerancia (3-5% de acios con penetracións en variedades sensibles a botrite e 5-8% no resto de casos). Ademais, agora é máis sinxelo localizar os grans afectados debido a que xa amosan cambio de cor.

28xuñ17_Gran con penetración couza Penetración couza con eiruga entre dous grans
Cicadélidos

Os niveis de capturas nas trampas das nosas parcelas de seguimento continúan aínda lonxe dos limiares de tratamento. Tamén a presenza de ninfas nas observacións ás follas permanece máis ou menos estable. Antes de decidir aplicar un tratamento débese consultar aos técnicos, posto que nos últimos anos están a revisarse os limiares e, como dixemos no aviso anterior, considérase que os danos que causan estes chupadores son máis baixos do que se estimaba.

28xuñ17_Vista parcial capturas cicadélidos nunha semana 28xuñ17_Vista parcial capturas cicadélidos nunha semana_2 reverso  Ninfa de Empoasca vitis en hoja de albariño
Ácaros

A situación máis xeral observada nas parcelas da nosa rede e nas demais que visitamos é ausencia de síntomas do ataque de acariose. Si continúan aparecendo os propios da erinose de verán especialmente nalgunhas fincas, pero este ácaro non require tratamentos. Insistimos unha vez máis en que só deben aplicarse acaricidas si se ten a seguridade da presenza de poboacións nocivas. Os tratamentos innecesarios poden eliminar aos ácaros útiles presentes en moitas plantacións e favorecer con iso novos ataques.
Adulto de fitoseido 63x Calepitrimerus vitis 100x Vista parcial colonia Calepitrimerus vitis 50x 28xuñ17_Nalgunhas viñas segue habendo gromos con erinose
MACEIRA
Moteado

Nas últimas semanas fixámonos en máis árbores dos que habitualmente revisabamos e en todos os casos a situación foi coincidente: ausencia de síntomas, tanto no froito como nas follas. Con todo, non esquezan que a situación pode non coincidir en outras fincas, aínda que é ben certo que este ano non recibimos na Estación ningunha mostra coa sintomatoloxía asociada.

01jul15_Sintomas de moteado en hoja Síntomas de moteado en manzana
Couza da mazá (Cydia pomonella)

É importante manter as plantas permanentemente protexidas si non se dispón de trampas para facer o seguimento. En caso de telas instaladas, aplicarase un tratamento ao superar o limiar de 2 adultos por trampa e semana. En caso de realizalo, nestes momentos débese prestar atención ao prazo de seguridade do insecticida empregado nas variedades máis precoces.

As penetracións de larvas de couza no froito, ademais do dano directo que supoñen, poden favorecer a instalación de fungos de podremia en condicións húmidas e provocar a caída prematura das mazás


Oruga de Cydia pomonella y daño en fruto Daño en manzana por polillas y pudricion
Pulgóns

Despois dun período sen observar cambios na presenza de colonias de pulgón, esta semana varios gromos tenros da finca de produción ecolóxica que visitamos presentaban pulgón verde. Xeralmente, este áfido produce un dano máis estético que doutro tipo, polo que en xeral carece de importancia.

Tamén observamos esta semana un incremento notorio do parasitismo de ninfas de pulgón lanífero polo seu parasitoide Aphelinus mali, circunstancia que obriga a unha elección moi coidadosa dos posibles fitosanitarios que se empreguen na parcela.

Colonia de ninfas de pulgón verde Colonia lanífero parcialmente parasitada 10x Detalle de lanífero parasitado 20x
BUXO
Cydalima perspectalis

Nesta semana nunha sebe non tratada que hai arredor dunha finca observamos xa moitos gromos afectados pola alimentación das eirugas. Por este motivo, se aínda non o fixeron, debe realizarse un tratamento insecticida.

Lembren que nos tratamentos poden utilizar produtos naturais como o aceite de parafina ou o azadiractin, ou senón cipermetrin, deltametrin ou outros piretroides (de orixe sintética). En todos casos débese mollar moi ben as plantas, mesmo no interior das sebes


21xuñ17_Aparte dos sintomas son visibles excrementos eirugas Cydalima Signos alimentacion Cydalima
PIÑEIRO
Procesionaria

Nesta semana recollemos o primeiro adulto na trampa que temos instalada nos arredores da cidade de Pontevedra, o que supón un adianto de case un mes fronte á data máis temperá de primeira captura rexistrada na mesma trampa en anos anteriores.

Thaumetopoea pityocampa (Procesionaria) - Trampa G Thaumetopoea pityocampa (Procesionaria)- Macho de procesionaria en trampa de feromona