Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


AVISO FITOSANITARIO
09/06/2017


VIÑA Estado fenológico: J (grans de 3 mm)


Unha semana máis engadimos un comentario sobre a fenoloxía debido a que nesta semana observamos un incremento significativo do tamaño dos grans, máis acusado nunhas parcelas que noutras. O ano anterior a estas alturas estabamos entrando no “callado” da uva, aínda que compartindo presenza coa floración. É máis, aínda que non o reflectimos arriba (no estado fenolóxico), moitos grans presentan unha dimensión maior da mencionada, e mesmo na nosa finca de seguimento de Vide (O Condado) o tamaño da uva xa permite que se toquen entre sí.

Tamaño da uva en parcela Vide 31maio17 07xuño17_Tamaño da uva en parcela Vide

Mildio

A situación climática desta semana foi, en xeral, semellante á da anterior no sentido de que predominou a meteoroloxía variable, con períodos de humidade relativamente prolongados e nubes alternando con períodos máis claros. Ademais, houbo precipitacións o luns e, segundo as zonas, tamén o martes ou mesmo esta noite pasada nalgunhas zonas. Porén, tamén algún día houbo ventos secos e as temperaturas nocturnas foron máis baixas que no anterior período, salvo o sábado día 3, o martes 6 e esta última noite.

Con este precedente, a situación observada nas nosas parcelas de seguimento e noutras que visitamos permaneceu bastante estable canto ás plantas tratadas, é dicir, ausencia de síntomas salvo nas partes das plantas que, por un exceso de vexetación, non foron alcanzadas polos funxicidas nos últimos tratamentos. Pola súa parte, nas plantas testemuñas ou non sometidas a tratamentos apareceron novos síntomas a partir de luns (tamén abundantemente nos acios), e mesmo algunhas plantas de variedades non definidas que medran nos bordes de camiños ou nos muros, que só amosan manchas cando as condicións son certamente favorables, empezan a presentalos. De feito, no captador de esporas que temos entre as dúas liñas de plantas testemuña da nosa finca de Areeiro, obtívose o martes a máxima carga de esporas (707 esporas/m3), e desde entón as cifras continúan elevadas e polo tanto o nivel de risco alto.

grafica_19052017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)

As diferentes axencias meteorolóxicas consultadas tampouco coinciden, neste momento, nas previsións de choiva para a próxima semana xa que, mentres nalgunhas non se apunta posibilidade de precipitación (e mesmo anuncian temperaturas moi elevadas), noutras hai probabilidades do 10 ao 20% para algúns dos próximos días. Tampouco coinciden no réxime e dirección dos ventos e nas temperaturas previsibles polo que a única recomendación que podemos aportar é a mesma da semana anterior: revisión dos viñedos, sobre todo daqueles en que estea próximo a concluír o período de protección, e renovación do tratamento se aparecen novos síntomas, en especial se a climatoloxía é finalmente favorable ás infeccións.


Nas follas non acadadas por produtos apareceron manchas Acios en planta testemuña_06xuñ17 7xuñ17_Aparecen manchas  en plantas abandonadas



Oídio

Desde a floración a viña atópase nun período sensible á enfermidade que se prolongará ata o peche do acio. Ademais, o perigo de infección é elevado debido á climatoloxía reinante estes días, e parece que vai continuar así de cumprirse as previsións de tempo variable. Polo tanto, e aínda que nos non topamos novos síntomas nas plantas tratadas (e mesmo nas testemuña tampouco observamos grande incidencia do patóxeno), hai que manter a vixilancia nun nivel elevado e, se hai que facer unha intervención fronte ao mildio, renovar igualmente o tratamento fronte a este outro patóxeno.

Na protección dos acios fronte aos ataques deste fungo ten unha grande importancia mellorar o microclima á altura dos acios, procurándolles máis aire e máis luz. Aparte do corte das ramas máis vigorosas, a eliminación das follas dunha das caras do acio, concretamente da oposta á radiación solar, é una práctica aconsellable nestes intres (e tamén máis cara a maduración) para viñas moi frondosas. Pero hai que facela moderadamente e con sentido, porque unha esfolla excesiva ou en caras incorrectas pode levar a unha redución de azucres ou a problemas de queimaduras solares.


Primeiro sintoma oidio en folla  albariño Continua oidio en variedade tinta sensible
Botrite

Tampouco esta semana observamos síntomas de botrite, nin sequera neses acios aos que faciamos referencia no aviso anterior que aínda manteñen os restos dos capuchóns florais. De feito, a densidade de esporas baixou fronte á semana anterior no captador de esporas instalado entre as filas testemuña de Areeiro. Manter a vixilancia, especialmente en variedades sensibles e si nos próximos días se producen períodos longos de humidade ou precipitación (non previstos inicialmente).

grafica_19052017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA

Racimos mostrando un cuajado deficiente de la uva  Fructificación de botritis sobre capuchones en el extremo del racimo
Black rot

Black rot - Detalle de la mancha mostrando Picnidios Fronte a outras áreas vitícolas de fóra da provincia de Pontevedra onde, segundo nos informaron, apareceron máis síntomas nos últimos días, no noso percorrido habitual non houbo cambios respecto a este patóxeno.
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

A situación observada é semellante á da semana pasada (poucas capturas, aínda que algún glomérulo máis). Con todo, xa empeza a desenvolverse nalgunhas fincas o segundo voo dos machos de Lobesia botrana, polo que é aconsellable non descoidar a renovación da feromona no caso en que sexa necesario.

24maio17_Os glomerulos aumentaron lixeiramente Glomérulo en final de acio 07xuñ17
Cicadélidos

Na totalidade de parcelas de seguimento que temos, independentemente da comarca na que estean, as capturas nas trampas amarelas seguen en niveis moi baixos (apenas 2-3 individuos máis fronte á semana anterior). Porén, máis dun colaborador nos informou de que se están a facer os primeiros tratamentos fronte a este insecto en O Salnés. É certo que o número de ninfas nas mostraxes de follas se incrementou lixeiramente, pero aínda está lonxe do limiar de tratamento de 1-2 ninfas/folla establecido para Empoasca vitis. É máis, na nosa zona este insecto ten en realidade unha importancia relativa, e nunca se demostraron as consecuencias do seu ataque sobre o grao alcohólico ou a produción. Ademais, os síntomas que podería chegar a producir poden ser confundidos con outras alteracións bióticas (por exemplo alteracións de madeira) ou abióticas (seca, carencias...). Por outra banda, lembren que as poboacións son maiores, e polo tanto deben ser consideradas, só cando hai longos períodos de calor e baixa humidade relativa.

 Ninfa de Empoasca vitis en hoja de albariño Cicadélidos - Adulto de Zygina rhamni en envés La sequia provoca marchitamientos marginales de las hojas 22jul15
Altica

Continúan aparecendo algúns síntomas novos na nosa parcela de seguimento de Vide (O Condado), e tamén apareceron esta semana na nosa viña de Areeiro, pero apenas nun par de follas.

Folla con necrose limbo por Altica Hoja de albariño con larvas de último estadio y daños de Altica
Ácaros

Unha semana máis só temos que falar do incremento de síntomas de erinose de verán, que son especialmente notorios nalgunhas fincas, aínda que afectan a plantas illadas. Canto ás demais especies de ácaros, non observamos nin síntomas nin poboacións, nin nas nosas parcelas de seguimento nin nas mostras recibidas na Estación.

Elevada presenza de erinose en gromo terminal Síntomas de erinosis de verano en variedad tinta
MACEIRA
Moteado

Continuamos con ausencia total de síntomas nas parcelas da nosa rede de control. Por iso, esta semana visitamos outras novas, mesmo unha plantación con variedades diversas que non recebe tratamentos, e obtivemos o mesmo resultado. Manter a vixilancia, en especial en fincas con historial desta enfermidade.

Mancha incipiente de moteado del manzano
Oídio

Mantívose, na variedade Golden da nosa finca de Areeiro, a situación descrita a semana anterior: síntomas estabilizados. No resto de variedades, e nas plantas das demais parcelas, non se observan gromos coa presenza do fungo.

Daños de oidio en brote de manzano Brote de manzano completamente invadido por oidio
Couza da mazá (Cydia pomonella)

Instalamos dúas novas trampas esta semana en dúas fincas ecolóxicas da comarca de O Rosal. Na trampa de Areeiro esta semana apareceu o primeiro síntoma na froita, pero aínda así non realizaremos tratamentos. Lembren que dous machos nas trampas é o límite a partir do que se debe tratar e que, en caso de non ter trampas de seguimento, a protección debe ser continua para evitar a presenza de froitos danados.

Primeiros síntomas couza en mazá Oruga de Cydia pomonella y daño en fruto
PATACA
Mildio

O risco de infección é bastante alto debido á elevada humidade relativa que se rexistra, que supera o 70% de media en todas as zonas. Por iso, aconséllase manter as plantas protexidas, pero prestando atención ao prazo de seguridade naqueles casos en que se estean a levantar plantas para aproveitar os primeiros tubérculos.

Face de follas  pataca con mildio Sintoma mildio en rama pataca Esporulacion mildio pataca
Escaravello

Tamén se están a observar adultos e larvas deste insecto atacando ás plantas en moitas fincas, nalgúns casos dun xeito moi evidente. Se aínda non se van levantar as plantas débese aplicar un tratamento.

Pareja de escarabajo de la patata y síntomas de alimentación Larva de escarabajo y síntomas de su alimentación
BUXO
Cydalima perspectalis

Do mesmo xeito que a semana anterior, observamos máis postas e larvas aínda moi pequenas nas sebes, que continúan igualmente mantendo sas as súas follas, e sen unir polos fíos de seda. Observamos tamén algún adulto novo sobre as plantas. Novamente non aplicaremos tratamento nas sebes que temos en Areeiro (e continuaremos revisando outras) á espera de que aparezan síntomas evidentes xa que, segundo o que levamos mirando, non é en absoluto urxente iniciar as aplicacións.

Ovos de C perspectalis evolucionando 10X Eirugas neonatas Cydalima en planta Brote boj con daño de C. perspectalis