Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


AVISO FITOSANITARIO
19/05/2017


VIÑA Estado fenológico: H (botóns florais separados) - I (floración) - J (callado da uva)
Mildio

Na semana transcorrida desde o aviso anterior volveu haber, algúns días, condicións favorables ás infeccións secundarias atendendo só á climatoloxía debido á presenza conxunta de temperaturas altas e humidade relativa elevada e/ou humidade foliar. Con todo, na revisión ás nosas parcelas de seguimento realizada onte xoves día 18, non observamos novos síntomas salvo na nosa finca de Areeiro, concretamente pequenas manchas incipientes nalgunhas plantas control (sen tratamento algún) e nalgunha planta moi esporádica tratada (data da única intervención realizada: 12 de abril). No resto de parcelas non apareceu ningunha mancha nova, nin síntomas en acios, e mesmo as manchas antigas e os dous acios afectados que toparamos na revisión anterior presentaban a esporulación inviable ou inexistente.

Porén, no propio día de hoxe 19 de maio, volvemos revisar a nosa finca (Areeiro) e puidemos comprobar que o número de manchas se incrementou fronte a onte, sendo manchas que se desenvolveron esta noite.
Segundo os criterios da “Loita Oportuna”, estratexia na que baseamos o sistema de optimización do control do mildio que levamos poñendo en práctica desde hai anos, para que haxa unha nova infección, ao marxe de cumprirse as condicións climáticas requiridas, debe haber síntomas viables nos viñedos e, como dicimos, só na nosa finca de Areeiro (tratada hai case 40 días), observamos, na actualidade, manchas neoformadas. Tamén na finca contamos con un captador de esporas (instalado ao amparo dunha colaboración establecida coa Facultade de Ciencias do Campus de Ourense) que recolle unha carga baixa de esporas de Plasmopara viticola.

grafica_19052017

A día de hoxe, as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas non coinciden totalmente nos seus prognósticos en canto a posibilidades de precipitación a curto prazo. No entanto, a maioría delas non prevé precipitacións e si, desde comezos da semana próxima, sol e temperaturas altas. Tendo en conta a variabilidade climática da primavera, aconséllase REVISAR AS VIÑAS XA PROTEXIDAS PARA CONFIRMAR A EFICACIA DO ÚLTIMO TRATAMENTO EFECTUADO e renovalo no caso de que se observen síntomas, dado que o acio se atopa nun momento de elevada sensibilidade á enfermidade.


Para asegurar en maior medida un bo estado sanitario pode aproveitarse estes días para facilitar a aireación das vides mediante a sega da vexetación acompañante que, pola humidade e a presenza das inflorescencias de moitas gramíneas, está moi desenvolvida nalgunhas fincas. Tamén os gromos das propias viñas amosan un bo desenvolvemento, pero de momento, e mentres non remate a floración, é mellor non cortalos

Algunas parcelas deben ser desbrozadas y los brotes eliminados Sempre é fundamental airear as viñas mantendo segada a cuberta

19_05_17_Manchas neoformadas do dia Esporulacion recente en mancha dun dia Acio con ataque anterior de mildio



Oídio

Primer sintoma de oidio en albariño 2014 Nesta semana atopamos o primeiro síntoma sobre albariño nunha única folla da nosa finca de Areeiro, onde aínda non fixeramos a primeira intervención fronte a este patóxeno. No resto de parcelas da nosa rede non observamos presenza do fungo.

Botrite

8jun16_Botritis en extremo de racimo En ningunha das parcelas da nosa rede de seguimento atopamos síntomas sobre os capuchóns florais dos acios ou sobre follas danadas por vento ou sarabia. De feito se, como anuncian a maioría das previsións meteorolóxicas, non se rexistran precipitacións nos próximos días, este momento de risco desaparecerá.

Black rot

A pesar de rexistrarse condicións climáticas favorables algúns días, tampouco nesta semana vimos síntomas, nin sequera nas fincas de O Condado onde o patóxeno ten aparecido outros anos.

11mayo16_Primer sintoma de black rot en Condado Picnidios de black rot en testigo 24junio2014
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Nesta semana vimos os primeiros glomérulos en todas as comarcas, aínda que de forma moi puntual. Aínda así, as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas continúan en niveis baixos, ou ben non as hai. Non é necesario tratar.

18_05_17_Glomerulo en acio_1 18_05_17_Glomerulos en acio_2

Cicadélidos

Continúan muy bajas las capturas de cicadelidos As capturas, nas trampas cromáticas amarelas, de mosquito verde (Empoasca vitis) e de Zygina rhamni están a ser moi reducidas, ou practicamente inexistentes, nas nosas parcelas de seguimento esta campaña. Tampouco observamos ninfas de calquera destas especies (ou mesmo de Scaphoideus titanus) nas mostraxes de follas. Con todo, se para a semana próxima se da unha melloría do tempo con ascenso das temperaturas, pode suceder que sufran algún incremento.
Altica

A primeiros de abril informamos da presenza dos primeiros adultos deste esfollador na nosa parcela de seguimento de O Condado, aínda que despois non observamos larvas. Pois ben, nesta semana observamos algúns adultos apareándose, postas e larvas. Mesmo xa se aprecian os característicos síntomas da súa alimentación. O mesmo ocorre na nosa finca de Areeiro. De momento non está xustificada a aplicación dun tratamento, pero si é necesario incrementar a vixilancia


18_05_17_ Larvas de Altica Face de folla con dano e larva de Altica
Ácaros

Na parcela de O Condado onde a semana anterior atoparamos os primeiros dous exemplares de Calepitrimerus vitis vimos unha folla cos primeiros síntomas que, na lupa, presentaba outros dous individuos. Con todo, nas demais fincas que visitamos non atopamos síntomas (só os habituais da erinose). Incrementar a vixilancia.
Calepitrimerus vitis causante de la Acariosis 18_05_17_Folla con presenza confirmada de acariose
Outros

Continuamos observando nalgunhas viñas os síntomas da alteración de orixe non biótico referidos na semana anterior. Porén, nesta semana non se incrementou a súa incidencia.
Dano non biótico que podería confundirse con mildio- 2 Envés con dano non biótico que podería confundirse con mildio_2
MACEIRA
Moteado

As condicións ambientais de días pasados, pese a ser favorables ás infeccións, non deron lugar á aparición dos primeiros síntomas do fungo nas nosas parcelas de seguimento. É máis, mesmo a nespereira, árbore moi sensible ao moteado (causado, iso si, por un fungo diferente - Fusicladium eriobotryae-), este ano presenta as follas e os froitos limpos, o que non é normal noutras campañas. Manter a vixilancia.

Mancha incipiente de moteado del manzano A nespereira está libre de moteado a estas alturas
Oídio

Nesta semana unicamente notamos un incremento dos síntomas nos gromos dunha variedade sensible da nosa finca de Areeiro. Manter a vixilancia.

Daños de oidio en brote de manzano Brote de manzano completamente invadido por oidio
Pulgóns

Observamos un incremento nas colonias de pulgón cincento e pulgón verde (non de lanífero) nas parcelas da nosa rede, onde non se realizou tratamento algún. Lembren que é importante prestar especial atención á primeira especie, cuxos ataques poden deformar os froitos, e ao pulgón lanífero. En caso de ter que tratar débese ter en conta que cando as follas están enroladas só serán eficaces os insecticidas sistémicos; moitos deles teñen efectos negativos sobre as abellas, co que, para minimizalos, débese intervir nos momentos de menor actividade destes insectos.

19_04_17_Pulgon verde en maceira Colonia de pulgón cincento
Couza da mazá (Cydia pomonella)

En ningunha das trampas das nosas parcelas de seguimento tivemos capturas esta semana.

Instalación de trampa delta en manzano al inicio de campaña Primeras capturas de Cydia pomonella en trampa de feromonas
PATACA
Mildio

Na nosa finca de Areeiro (non tratada), non observamos os primeiros síntomas desta enfermidade pero si noutras que temos revisado esta semana. En todo caso, se finalmente queda o tempo seco, non deberían avanzar estes síntomas.

Brote terminal de patata necrosado a consecuencia del mildiu Esporulación de mildiu en racimo de planta testigo_24junio2014
Escaravello e Pulguiña da pataca

Continúan observándose adultos destes dous escaravellos nas fincas nas que non se fixeron tratamentos insecticidas.

Pareja de escarabajo de la patata y sintomas de alimentacion Síntomas de la alimentación de los adultos
BUXO
Cydalima perspectalis

Se ben a semana pasada informamos de que aínda se atopaba a praga no estado de crisálida, o día de hoxe observamos os primeiros dous adultos da segunda xeración no sebe da nosa finca de Areeiro. Con todo, nunhas plantiñas de viveiro que mantemos enmalladas o insecto permanece aínda sen evolucionar a adulto, e o mesmo sucede nalgunhas crisálidas que temos localizadas nas fincas. É imprescindible estar atentos á aparición das primeiras eirugas para poder tratar tan pronto aparezan os primeiros síntomas e evitar así as grandes defoliacións que poden producir.

Primeiro adulto visualizado segunda xeración 2017 Cydalima E Brote boj con daño de C. perspectalis