Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


AVISO FITOSANITARIO
12/05/2017


VIÑA Estado fenológico: H (botóns florais separados) - I (floración)
Mildio

Desde a emisión do aviso anterior as temperaturas nocturnas foron suaves, por riba dos 12 ºC e mesmo no entorno dos 14-15 ºC e estiveron acompañadas de elevada humidade relativa, humidade foliar ou precipitación, rexistrada esta última entre venres 5 e sábado 6, e agora desde o pasado mércores 10. Con esta situación houbo condicións favorables á infección secundaria practicamente todos os días.
Na nosa visita do mércores 10 ás parcelas de seguimento da nosa rede así como a outras que tamén revisamos puidemos comprobar cómo, independentemente de que estiveran protexidas por unha aplicación anterior (realizada desde 5 ata 2 días antes) ou no (caso da nosa finca de Areeiro, tratada hai 30 días) todas as manchas vellas tiñan esporulación e/ou zona de avance, mesmo aquelas que xa tiñan todo o tecido foliar necrosado. Tamén atopamos un par de acios afectados, así como un gromo danado nunha parcela de O Condado que fora tratada 5 días antes. Pola súa banda, só observamos dúas manchas novas nunha finca que recibira o tratamento 4 días antes da nosa revisión. Finalmente, as plantas que mantemos sen tratar ao longo da campaña a modo de control aparecen limpas ou practicamente limpas de síntomas aínda a estas alturas.
As diferentes axencias meteorolóxicas anuncian a permanencia da situación climática inestable actual ata últimas horas do sábado 13 ou primeiras horas do domingo 14, e a partir de aí sol e altas temperaturas en xeral aínda que con vento relativamente húmido do SO ou O na maioría dos días. Tendo en conta estas previsións, a situación observada, o estado fenolóxico sensible das viñas (entrando en floración ou en floración plena nalgunha finca de O Condado) e as condicións favorables ás infeccións que se rexistraron ao longo desta semana, que darán lugar á aparición de novos síntomas previsiblemente a partir dos próximos días 16 ou 17, DÉBENSE RENOVAR OS TRATAMENTOS TAN PRONTO CESE ESTE EPISODIO DE TEMPO INESTABLE QUE SE ESTÁ A REXISTRAR.


Mancha vella con esporulación avanzando Zona de avance en mancha necrosada Esporulación en mancha antiga 10maio17_Acio afectado por mildio 10maio17_Gromo danado por mildio 10maio17_Folla con mancha nova


O nivel de risco para esta enfermidade é elevado dadas as condicións climáticas e a fenoloxía da vide, polo que non se debe descoidar a protección aínda que teoricamente as plantas estean protexidas. Ademais, lembren que as precipitacións rexistradas (por riba dos 50 l/m2 en conxunto) reduciron o período de cobertura dos produtos




Oídio

Aínda que a viña se atopa nun estado fenolóxico de elevada susceptibilidade a esta enfermidade, a contía e forza das precipitacións que se teñen rexistrado sen dúbida terán lavado e arrastrado os conidios deste fungo ectoparasito, o que reduce o nivel de risco. De feito, na nosa revisión das viñas non topamos ningún síntoma. Por estes motivos, renovar o tratamento fronte a esta patoloxía non é tan urxente (a non ser que se tivera aplicado un funxicida de contacto de tipo xofre) salvo naquelas fincas con variedades moi sensibles e/ou danos habituais todas as campañas.

25mayo2016_Primer sintoma de oidio en variedad tinta Crispado de hojas por ataque de oidio
Botrite

8jun16_Botritis en extremo de racimo A coincidencia das choivas coa caída dos capuchóns florais nas viñas máis adiantadas, así como os posibles danos causados polos ventos e/ou pola sarabia sobre as follas, poden dar lugar á aparición dos primeiros síntomas desta enfermidade. No entanto, se cesan as choivas e a humidade non é excesiva, o risco reducirase pero aínda así será necesario incrementar a vixilancia neste período.

Black rot

Tamén as choivas acaecidas poden provocar a aparición dos primeiros síntomas desta patoloxía naquelas fincas con historial de presenza desta doenza (das fincas que nos revisamos, están sobre todo na comarca de O Condado).

11mayo16_Primer sintoma de black rot en Condado Picnidios de black rot en testigo 24junio2014
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Glomérulo-actividad larvaria de primera generación de polillas Continúa o vo de Lobesia botrana (de Eupoecilia ambiguella aínda non detectamos poboacións) con capturas de machos nas trampas baixas ou moi baixas en xeral (consultar curvas de vo, publicadas a partir deste aviso fitosanitario). Con todo, lembren que a relación entre as capturas e a presenza de postas ou glomérulos nos acios non é directa, xa que os factores climáticos teñen unha grande influencia, e que ademais non soe ser necesario tratar esta primeira xeración.







Nesta semana foi relativamente frecuente observar nas viñas máis adiantadas aglomeracións de grans que apuntaban á aparición dos primeiros glomérulos. Porén, polo menos nas fincas revisadas por nos, tratábase en todos os casos de grupos de botóns unidos polos restos dos capuchóns florais que non se desprenderan polas choivas. En todo caso, a partir de agora si é de esperar a aparición destes síntomas

Aglomeración de botóns polas choivas Aglomeración de grans polas choivas_1 Aglomeración de grans polas choivas_2

Ácaros

Nesta semana nas follas recollidas nunha finca de O Condado para facer o seguimento de ácaros observamos, á lupa, os primeiros dous exemplares de Calepitrimerus vitis (responsable da acariose). Con todo, nin nesta finca nin nas demais que visitamos había síntomas (só os habituais da erinose). Incrementar a vixilancia a partir de agora.
Calepitrimerus vitis causante de la Acariosis Sintomas muy incipientes de acariosis 24jun2015
Outros

Nas últimas revisións ás viñas, e sobre todo esta semana, observamos un síntoma que, a certa distancia e pola face da folla, semella unha mancha de mildio. Porén, nunha visión máis próxima da folla pódese descartar esta patoloxía, e sobre todo fixándose no envés, onde se observa que nesa zona a cor é escura e brillante (ver fotos). Trátase dunha alteración de orixe non biótico que tamén está a aparecer noutros cultivos como a maceira.
Dano non biótico que semella mancha mildio_1 Envés de folla do dano non biotico_1 Dano non biótico que podería confundirse con mildio- 2 Envés con dano non biótico que podería confundirse con mildio_2
MACEIRA
Moteado

Despois deste período de choivas e temperaturas suaves deberían aparecer os primeiros síntomas da enfermidade naquelas plantas como as das nosas parcelas de seguimento onde aínda non se detectaron, e tamén novos síntomas onde si teñan aparecido. Por este motivo é necesario extremar a vixilancia e aplicar un tratamento en canto a climatoloxía o permita si non se fai un seguimento específico das plantas.

Mancha incipiente de moteado del manzano Manchas incipientes de moteado
Oídio

Ningunha variación na incidencia de síntomas con respecto ás revisións anteriores, pero tamén as choivas fortes por momentos que se teñen rexistrado non son condicións favorables a este patóxeno.

Daños de oidio en brote de manzano Brote de manzano completamente invadido por oidio
Pulgóns

Temos observado nesta semana algunha nova colonia de pulgón lanífero e de pulgón cincento. Se, como se prevé, melloran as condicións meteorolóxicas e soben as temperaturas, probablemente se incremente a presenza de todas as especies de áfidos.

Colonia de pulgón lanífero Colonia de pulgón cincento
Couza da mazá (Cydia pomonella)

Tampouco nesta semana se superou o limiar de capturas en ningunha das trampas das nosas parcelas de seguimento.

Como dicimos habitualmente, as poboacións de couza poden ser moi diferentes mesmo en zonas da mesma comarca. Por iso, para asegurar un bo control da praga, e que ademais sexa racional, é interesante a instalación e seguimento das trampas de feromona en cada plantación. Só desta forma se poderá coñecer o momento idóneo para aplicar os tratamentos

Instalación de trampa delta en manzano al inicio de campaña Primeras capturas de Cydia pomonella en trampa de feromonas
KIWI
Bacterioses

O kiwi atópase neste momento no estado fenolóxico E (botóns florais visibles), e neste estado é FUNDAMENTAL APLICAR UN TRATAMENTO FRONTE ÁS BACTERIOSES TAN PRONTO CESEN AS CHOIVAS para reducir posibles danos, sobre todo naquelas plantacións onde xa teñan aparecido síntomas. Este tratamento é aínda máis necesario tendo en conta estas precipitacións.

Os funxicidas destinados ao control desta enfermidade son cúpricos, estando autorizados nestes intres o oxicloruro de cobre 38, 52 o 70%, o óxido cuproso 80% e o sulfato tribásico de cobre 19%

Lembren que hai que tratar non só as plantas femia senón tamén as macho: das súas flores depende, loxicamente, a calidade da polinización

Síntomas de PSA en hoja Exudado en envés de hoja de kiwi debido a Pseudomonas syringae Ataque de Pseudomonas syringae en kiwi_4
PATACA
Mildio

Unha vez que cesen as choivas é de esperar a aparición de síntomas desta enfermidade, sobre todo considerando que para despois se prevén altas temperaturas que farán evaporar a humidade do solo.

Brote terminal de patata necrosado a consecuencia del mildiu Esporulación de mildiu en racimo de planta testigo_24junio2014
Escaravello

Nas plantas máis desenvolvidas obsérvanse postas e adultos de escaravello, así como síntomas da súa alimentación. É recomendable realizar un tratamento fronte a esta praga despois das choivas.

Pareja de escarabajo de la patata y sintomas de alimentacion Puesta de Leptinotarsa decemlineata
Pulguiña da pataca (Epitrix spp.)

Tamén se empezan a observar os primeiros adultos (e os primeiros síntomas asociados –pequenos furados redondeados nas follas-) deste pequeno escaravello, cuxas larvas provocan galerías irregulares na superficie dos tubérculos de pataca. As poboacións detectadas de momento son baixas pero lembren que os tratamentos contra escaravello controlan normalmente a esta especie. Para máis información sobre a praga, consulte a nosa ficha técnica nº 54: Epitrix similaris Gentner.

Adulto de Epitrix similaris Síntomas de la alimentación de los adultos Galerías larvarias de Epitrix similaris en tubérculo
BUXO
Cydalima perspectalis

Aínda non naceron os primeiros adultos desta praga, que nestes intres se atopa en estado de crisálida. Polo tanto aínda é cedo para iniciar de volta os tratamentos.

Crisalida de C. perspectalis Adulto de Cydalima perspectalis
DIVERSAS PLANTAS
Pulgóns

Continúan a observarse colonias de pulgón nalgunhas plantas, e xa empezan a ser notorios os enrolados das follas que causan. Coa subida das temperaturas que se prevé sen dúbida subirán as súas poboacións, polo que hai que incrementar a vixilancia e, polo menos nas plantas ornamentais, tratar antes de que os enrolamentos vaian a máis.

Colonia de pulgón en pereira Colonia de pulgón en brote de camelia y presencia de hormigas