|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
05/05/2017
VIÑA Estado fenológico:
G (acios separados)
- H (botóns florais separados)
|
Mildio |
As precipitacións acaecidas o fin de semana (cunha contÃa de entre 10 e 25 l/m2 segundo as estacións meteorolóxicas) non estiveron, en xeral, acompañadas por temperaturas nocturnas suficientemente elevadas como para producir esporulación e non se deron condicións para a infección secundaria. Despois, aÃnda que houbo subida de temperaturas, xa non se produciron precipitacións e/ou non houbo humidade foliar ata hoxe venres.
Con esta situación, na visita do mércores dÃa 3 ás parcelas da nosa rede de seguimento (a maiorÃa delas cun só tratamento, e xa fora do perÃodo de protección do produto empregado) e a outras que visitamos, unicamente atopamos unha mancha nova (sen esporulación). As outras que, dun xeito moi puntual, habÃa nas fincas, non evolucionaran e presentaban a esporulación inviable, ben sexa a consecuencia do tratamento anterior ou ás condicións climáticas desfavorables. Pola súa banda, as plantas sen tratamento algún, tanto as que mantemos nalgunhas das nosas parcelas como aquelas abandonadas ou que medran en muros, aparecen tamén limpas de sÃntomas debido ao frÃo e á seca que levamos sufrindo (e que xa empezou a manifestarse no ton amarelento dalgunhas plantas).
Tendo en conta que xa comezou a precipitación prevista para hoxe venres, que esta noite xa houbo condicións para a infección secundaria, e que as previsións anuncian un perÃodo de choivas con temperaturas nocturnas altas a partir do próximo martes dÃa 9 (e ata polo menos o domingo 14), a nosa recomendación varÃa segundo a situación concreta:
- Naquelas protexidas por un tratamento anterior, vixiar o estado das plantas despois desta choiva, e non renovalo de momento se non se observan novos sÃntomas;
- Naquelas non protexidas pero en localizacións abrigadas ou especialmente sensibles, tratar o antes posible despois de hoxe venres;
- Naquelas non protexidas pero limpas de sÃntomas en xeral, renovar o tratamento antes do perÃodo de precipitación anunciado a partir de martes.
Retrasar o máis posible o tratamento é conveniente porque dese xeito aseguramos ter cubertas as plantas durante un maior perÃodo da floración que, segundo miramos no noso recorrido, xa se está a producir nos patróns (bravos) que hai nalgunhas fincas e se está iniciando en albariño nas zonas máis adiantadas. Con este dato, a floración parece que vai acadarse uns quince dÃas antes que o ano anterior
|
OÃdio |
Non topamos ningún novo signo do patóxeno en ningunha das parcelas visitadas, e mesmo nas plantas da variedade moi sensible onde apareceran os primeiros sÃntomas a semana anterior, tampouco houbo cambios significativos. Sen embargo, a floración é un estado do ciclo da planta que convén protexer pola súa sensibilidade polo que naquelas variedades máis sensibles convirá aplicar o primeiro tratamento fronte a este fungo á vez que se fai a intervención antimildio.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Do mesmo xeito que a semana anterior, nesta tamén recollemos menos capturas de Lobesia botrana nas trampas de feromonas, e mesmo nalgunhas fincas non tivemos ningunha (a partir do seguinte aviso empezaremos a publicar as curvas de vo). Tampouco observamos aÃnda os primeiros sÃntomas nos acios.
|
Ãcaros |
Os sÃntomas de erinose dos que levamos falando desde o comezo dos avisos semanais diluÃronse co crecemento da vexetación. Canto ás demais especies de ácaros praga, nesta semana tampouco observamos sÃntomas, non habÃa individuos nas mostras de follas que recollemos, e tampouco recibimos mostras positivas na Estación.
Caso de aplicar un tratamento fronte a oÃdio, lembren que o xofre tamén ten acción acaricida
|
MACEIRA |
Moteado |
Nas parcelas da nosa rede e en plantas que revisamos noutras fincas non atopamos aÃnda sÃntomas pero, dado que hoxe venres dÃa 5 xa se rexistrou precipitación con temperaturas bastante altas e que o perÃodo de choivas que se anuncia a partir de martes parece que vai vir tamén acompañado de temperaturas suaves, convén aplicar un tratamento antes dese perÃodo polo menos nas variedades máis sensibles.
|
OÃdio |
Apenas topamos variación na incidencia de sÃntomas con respecto á revisión anterior.
|
Pulgóns |
En xeral, nas plantas das parcelas da nosa rede pódense observar colonias de pulgón cincento e de pulgón verde. Lembren que o pulgón verde só produce enrolamentos de follas, pero que o cincento pode deformar tamén os froitos en caso de elevadas poboacións, polo que se aconsella incrementar a vixilancia.
|
Couza da mazá (Cydia pomonella) |
Nesta semana en ningunha das trampas das nosas parcelas de seguimento se superou o limiar de capturas, a pesar de que en ningunha delas se realizaron tratamentos.
|
PATACA e OUTRAS PLANTAS DE HORTA
|
Mildio |
As choivas acaecidas hoxe venres 5 e as que se prevén durante dÃas a partir de martes incrementarán sensiblemente o risco de infección por coincidir con temperaturas suaves, polo que será necesario aplicar un tratamento.
|
EVÓNIMO e ROSEIRAS |
Oidio |
Na práctica totalidade de sebes da primeira especie e de plantas da segunda están a atoparse sÃntomas desta patoloxÃa, nalgúns casos cunha incidencia moi elevada.
|
DIVERSAS ORNAMENTAIS
|
Pulgóns |
Obsérvanse en diversas especies de plantas de moitos parques e rúas abundantes colonias de pulgóns e, en moitas delas, empeza a ser notoria a melaza ou sustancia azucrada que segregan. As precipitacións máis persistentes que se anuncian a partir do martes dÃa 9 poden lavar esta melaza e mesmo diminuÃr o avance das colonias, sempre que as follas non estean xa enroladas.
|
|