Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico


AVISO FITOSANITARIO
09/03/2017



O cambio nas condicións ambientais que se está producindo, polo que pasamos de clima maioritariamente inestable a tempo seco, unido á subida de temperaturas, conducirá sen dúbida a que en todas as plantas comece a brotación, aínda que algunhas especies xa a amosan. Polo tanto haberá que empezar a facer revisións periódicas dos cultivos co fin de detectar precozmente posibles problemas e poder realizar algunhas intervencións cando sexa necesario (de feito xa apuntamos algunhas neste aviso).

Na táboa seguinte recollemos algúns datos climáticos deste outono-inverno (fonte: Meteogalicia). Desde o punto de vista da produción dos cultivos o dato mais importante son as horas frío, porque as froiteiras de folla caduca precisan un número mínimo delas para saír do repouso invernal e completar correctamente o seu ciclo. Fronte aos anos anteriores, neste ocasión non recollemos o mes de outubro debido a que as temperaturas foron especialmente elevadas e as plantas mantiveron súa actividade.

Sumatorio de datos climáticos desde noviembre 2016 a febrero 2017

Comarca

Estación

Lluvia (l/m2)

Días lluvia

Horas-frío

Días helada

Pontevedra

Areeiro

528,3

49

413,1

3

Salnés

Barrantes

480,3

52

808

17

Tremoedo

538,5

47

479,2

1

Rosal

Areas

623,2

52

691,6

11

Eiras

566,3

51

675,7

8

Condado

Cequeliños

426,6

45

1198,2

21

Meder

480,4

50

749,3

15

Sotomayor

Sotomayor

522

47

558,5

1


FROITEIRAS DE ÓSO
Lepra e outras enfermidades (cribado, moniliose, etc.)

Despois destes días de elevada humidade relativa será conveniente a aplicación dun tratamento funxicida sobre aquelas plantas que presentan habitualmente problemas destes patóxenos. Naquelas árbores que non teñan brotado aínda se pode aplicar un funxicida a base de cobre (moi recomendable ata o estado de “botón -xema- rosa”) pero naqueles outros nos que xa haxa certa proporción de follas o cobre non debe ser aplicado, debendo decantarse por un funxicida xeral (ziram, dodina ou calquera outro que estea rexistrado para o cultivo en cuestión).


Deformacion de las hojas por lepra Hojas de ciruelo con síntomas de cribado Cribado característico
KIWI
PSA e outras bacterioses

A brotación é un dos momentos clave da loita contra estas enfermidades, pois é preciso protexer as follas tenras do inóculo do ano anterior que poida haber na plantación. Por iso, aparte de labores culturais como eliminar os restos de poda que non se teñan retirado da finca, débese aplicar un dos seguintes produtos cúpricos: oxicloruro de cobre 38%, 52%, 70% ou sulfato tribásico de cobre 19%, que son os autorizados para este fin segundo recolle o Registro de Productos Fitosanitarios do Ministerio.

Daños por bacteriosis en Actinidia chinensis El exudado rojizo es un síntoma de PSA Ataque de Pseudomonas syringae en kiwi
CÍTRICOS
Trioza eytreae, psila africana de los cítricos

Coa chegada do bo tempo os cítricos sacarán novos gromos que terán follas tenras e finas que atraerán ás femias deste insecto chupador para facer a súas postas. Por iso, e dado que se trata dunha praga que se está a estender pola provincia, convén revisar estas brotacións e, no caso de detectarse ovos ou ninfas novas, eliminar estes brotes (con moderación para non comprometer o desenvolvemento da planta no caso de árbores novas) e/ou aplicar o insecticida pertinente.
A enfermidade que poden transmitir estes insectos, denominada “huanglongbing” ou HLB, non está presente nin na nosa comunidade autónoma nin noutras zonas de España. E, aínda que entre os seus síntomas están a coloración amarelenta das plantas ou a perda de follas, estes non son síntomas específicos e como saben en determinados momentos do ano pódense ver habitualmente nalgúns cítricos na nosa zona, sendo debidos a carencias nutricionais, problemas físicos do solo, causas climáticas ou mesmo a outros patóxenos
Lembren que os síntomas do ataque da psila africana nas follas mais maduras van permanecer, non desaparecen, pero debido á maior dureza destas follas non albergarán os estados inmaduros (ninfas)


Huevos de Trioza erytreae en brote joven de limonero Colonia de Trioza erytreae en el envés de una hoja
BUXO
Cydalima perspectalis

Xa detectamos as primeiras eirugas desta praga do buxo que o ano pasado causou defoliacións moi serias en moitos sebes da provincia. E é de esperar que, co aumento das temperaturas e o tempo seco, os síntomas se xeneralicen. Polo tanto é conveniente facer a primeira intervención fronte a esta praga utilizando aceite de parafina, azadiractin (de orixe natural ambos) o cipermetrin, deltametrin ou outros piretroides (de orixe sintética), procurando mollar moi ben a planta.

Brote boj con daño de C. perspectalis Larvas jóvenes de Cydalima perspectalis Consecuencias de la defoliación en planta de boj
REVISIÓN DA MAQUINARIA DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS

Lembren que antes de comezar a campaña de tratamentos convén facer unha revisión exhaustiva dos equipos para detectar posibles problemas derivados do desgaste do ano anterior ou doutras causas. Débese prestar atención ao estado das boquillas, dos filtros, das conducións, bombas, manómetros e outros elementos. Poden consultar algunhas recomendacións básicas neste enlace. Ademais, débense calibrar os equipos para asegurarse de que o consumo a distribución do caldo sexan axeitados e así teñamos unha mellor eficiencia nas aplicacións.