|
ANÁLISE DE SOLOS
A mostraxe do solo para realizar unha
análise da súa fertilidade debe ser efectuado polo usuario do
Servizo. Deberase prestar especial atención a esta tarefa, posto que o
solo é un medio heteroxéneo. Adxúntase (anexo 1) o esquema xeral da mostraxe.
i) A norma de partida é a de recoller mostra da
capa arable do solo, que será a que recibe a maior parte das emendas ou
fertilización e, polo tanto, estará máis modificada polos
labores previos.
ii) Ademais, a terra analizada debe ser representativa do
espazo en que se alimentan as principais raíces do correspondente
cultivo; en xeral, os 20 a 30 cm superiores do solo: a capa
arable.
iii) En ocasións, convén recoller
separadamente a capa subsuperficial - entre 30 e 60 cm - para coñecer a
aptitude potencial do solo.
¿Qué cantidade de
mostra se precisa para a análise? É a consulta máis
frecuente no noso laboratorio. Serán suficientes de 500 a 1000 gramos
para realizar todas as probas que se efectúan a un solo (anexo 2). Pero insistimos en que esta "mostra para
análise" proceda dunha cantidade superior, mesturada "a conciencia" nun
colector limpo.
Anexo 1. Normas xerais da mostraxe. Anexo 2. Datos básicos de fertilidade. Anexo 3. Información da folla de análise.
 |
POR
ANÁLISE RUTINEIRO |
POR
ANÁLISE DE INVERNADOIROS |
|
| Custo: |
15,85 por
mostra Impostos non incluidos (Precio de 2008) |
25,25 por
mostra Impostos non incluidos (Precio de 2008) |
|