Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Análises e Tarifas » Fitopatoloxía - Servizo de secuenciación



SERVIZO DE SECUENCIACIÓN

   

Púxose en marcha na Estación Fitopatolóxica do Areeiro o servizo de secuenciación de ADN. Este novo servizo conta cun secuenciador capilar ABIPRISM 310 Genetic Analyzer (Applied Biosystem).

Entrega de mostras:


As mostras consistirán en fragmentos de ADN obtidos mediante PCR e purificados. Tamén se enviará o Primer específico que se queira utilizar. A concentración de ADN requirida será de 50-100 ng cun mínimo de 20 µl e a do primeiro de 5 pmoles/µl cun mínimo de 10 µl. O horario de entrega de mostras será de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres en días laborables. Acompañando ás mostras e ao Primer específico entregarase a folla de solicitude de secuenciación.

Tarifas:

  • Prezo: 10,50 € por secuencia, Impostos non incluidos

  • Forma de pagamento: Transferencia Bancaria, Nº Conta: 2080-0401-68-0040106618

  • Entrega de resultados: Os resultados poderán ser enviados por Fax, e-mail, ou correo ordinario

  • Folla de solicitude de secuenciación cubrir polo usuario/cliente

Non se aceptará ningunha mostra se non ven acompañada da súa respectiva folla de solicitude debidamente cuberta.