|
PRIMEIRA REFERENCIA
DE Tuberculatus kuricola NA ÁREA CONTINENTAL EUROPEA
No mes de
outubro do ano 2000
detectouse na provincia de Pontevedra un
novo pulgón sobre castiñeiro: Tuberculatus (Nippocallis)
kuricola, especie orixinaria de Xapón, Corea e China Continental que
pode afectar non só a castiñeiro senón tamén a
Quercus spp. Ata este momento, unicamente se citou a súa
presenza, fóra da súa área de orixe, na illa de Madeira.
Desde que se detectou en Pontevedra, concretamente sobre unha masa de
Castanea x hybrida no municipio de Moaña, onde se observou a
presenza de fumaxina e unha defoliación más ceda.
As mostraxes realizadas con posterioridade
na provincia demostraron a presenza do áfido en máis
áreas, tanto sobre castiñeiro como sobre carballo ou roble
americano, pero sen síntomas. |