| Inicio » Seccións » Primeiras referencias » Scaphoideus titanus |
|
|
DETECCIÓN EN GALICIA DE SCAPHOIDEUS TITANUS Ball VECTOR DA FLAVESCENCIA DOURADA A flavescencia dourada é unha agresiva enfermidade da vide provocada por un fitoplasma. As consecuencias inmediatas da súa presenza son perdas de rendemento máis ou menos evidentes; co transcorrer do tempo, se a enfermidade se estende por unha plantación, as cepas acaban sucumbindo na súa totalidade. O fitoplasma é un patóxeno de corentena para a Unión Europea que xa está presente nalgúns países, con focos no sur de Francia e norte de Italia. En España introduciuse fai dez anos na comarca catalá de l'Alt Empordà. O vector natural da enfermidade é Scaphoideus titanus Ball, homóptero da familia Cicadellidae que non causa danos directos importantes nas viñas pero que por transmitir a enfermidade ten unha importancia económica destacable. En Galicia realízanse programas específicos de detección desde 1999, e ata 2007 non se atopou o vector. Con todo, no mes de setembro dese ano apareceron dous exemplares nunha trampa instalada no concello de Crecente (Pontevedra), o cal esixe un programa de detección e seguimiento máis exhaustivo de cara ao futuro. De calquera xeito, ata o momento non se detectaron síntomas concretos da flavescencia.
|