| Inicio » Seccións » Primeiras referencias » Fusarium Circinatum |
|
|
PRESENZA DO FUNGO DE CORENTENA Fusarium Circinatum EN PIÑEIROS EN GALICIA. Fusarium circinatum
é o anamorfo de
É un patóxeno fúnxico de corentena incluído na lista A2 de acción da EPPO (European Plant Protection Organization). Ao non estar confirmada a súa presenza na Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación emitiu o Real Decreto 637/2006, de 26 de maio, polo que se establece o programa nacional de erradicación e control do fungo Fusarium circinatum. En Galicia, a primeira detección do fungo é realizada pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro a finais do ano 2004, primeiro sobre planta nova procedente de viveiro, e posteriormente tamén en árbores adultas. Este laboratorio segue os protocolos recomendados no RD 637/2006 para ver as estruturas fúnxicas que o definen: mono e polifiálidas, macro e microconidias, e circinos.
|