|
A Dirección de
EFA é
consciente de que os sistemas de calidade son ferramentas de xestión que
poden axudar ás organizacións a controlar e mellorar o seu
funcionamento. Por iso, no ano 2000 iniciamos unha etapa na que un sistema de
calidade marcase o noso funcionamento e, tras funcionar con dous tipos de
sistemas de calidade (ISO 17025 e ISO 9001), decidimos apostar por un
único sistema (a certificación ISO 9000) e ampliar o seu alcance
a novas actividades. Así, na actualidade, a
EFA
encóntrase certificada para a "Detección e identificación
de fungos fitopatóxenos por técnicas moleculares (PCR, PCR-RFLP,
NESTED-PCR e SECUENCIACIÓN) " , "Análise
física-química no Kiwi (dureza, tamaño, sólidos
solubles, amidón, acidez total e % de materia seca)" e para a
Mostraxe, análise e identificación de Bursaphelenchus
xylophilus por morfoloxía e técnicas moleculares. . Nos
próximos anos pretendemos seguir ampliando as actividades dentro do
alcance deste sistema de calidade.
Ademais do respaldo e
potenciación do sistema de calidade, a Dirección quere declarar o
compromiso de toda a organización nos seguintes aspectos:
- Cumprir os requisitos da norma ISO 9001
.
- Cumprir os requisitos legais e outros
requisitos aplicables.
- Acadar a máxima calidade nos nosos
ensaios asegurando que se realizan segundo unhas boas prácticas
profesionais, conforme ás especificacións do cliente e baixo un
rigoroso control de calidade que garanta a súa fiabilidade.
- Promover a adquisición dos recursos
materiais e humanos que sexan necesarios para o desenvolvemento da nosa
política de calidade.
- Implantar, manter e mellorar continuamente
o sistema de calidade de xeito que se utilice como unha ferramenta útil
e eficaz para a nosa xestión.
- Realizar, como mínimo anualmente,
unha revisión global do sistema.
E quere establecer a
política de calidade do laboratorio mediante os seguintes obxectivos:
- Satisfacer as necesidades dos nosos
clientes, das autoridades reguladoras e das organizacións encargadas
do noso recoñecemento.
- Mellorar continuamente o servizo
prestado aos nosos clientes.
- Traballar ao máis alto nivel de
calidade nos nosos ensaios.
- Asegurar a formación continua do
persoal de laboratorio.
|