Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » A Estación » Política de calidade » ENAC

INFORMACIÓN SOBRE A
RETIRADA VOLUNTARIA DA ACREDITACIÓN ENAC

Comunicámoslles que, a partir do 1 de xuño de 2007, deixará de aparecer o logotipo de ENAC nos informes que emitamos referentes aos ensaios de Armillaria.

O motivo desta retirada é o gran esforzo, tanto de recursos humanos como económicos, que estamos dedicando ao mantemento dos dous sistemas de calidade que actualmente dispoñemos:

» Un sistema de calidade de acordo cos criterios da norma UNE-NISO\/IEC 17025:2005, acreditado por ENAC, aplicable á detección e identificación de Armillaria polo método PCR-RFLP (desde xullo de 2003).

» Un sistema de calidade segundo os requisitos da norma UNE-NISO 9001:2000, certificado por AENOR, aplicable á detección e identificación de fungos fitopatóxenos mediante técnicas moleculares: PCR, PCR-RFLP e Nested-PCR (desde setembro do ano 2005).

Polo que decidimos apostar por un único sistematras valorar as vantaxes e inconvenientes de cada un deles, o sistema que manteremos e potenciaremos como base de nosa mellora continua é a certificación UNE-NISO 9001:2000, convencidos de que o noso compromiso coa calidade dos servizos que prestamos non se verá diminuída en ningún momento.

Se desexan máis información sobre este aspecto, non dubiden en contactar co noso laboratorio onde estaremos encantados de atenderlle.

Reciban un afectuoso saúdo,
Pontevedra, a 29 de maio de 2007
O Director do Laboratorio
J. Pedro Mansilla