 |
Obxectivo: Na
EFA
establecémosnos como obxectivo prioritario mellorar continuamente a
calidade dos servizos prestados aos nosos clientes. Por iso, adaptamos o noso
funcionamento aos requisitos que establece a norma de xestión de
calidade UNE-NISO 9001:2000 e obtivemos o recoñecemento externo da
ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE do noso laboratorio por parte dunha
entidade de certificación de calidade (concretamente AENOR).
Significado da certificación: Esta
certificación asegura que o laboratorio estableceu unha serie de
actividades para xestionar adecuadamente a calidade dos ensaios realizados:
control de todos os procesos involucrados mediante indicadores de alerta,
establecemento de obxectivos anuais de calidade, realización de
actividades de control de calidade en cada ensaio, establecemento de
sistemáticas de detección e control de non conformidade, enquisas
periódicas de satisfacción de clientes, etc. .
Mellora continua: Unha vez acadado este obxectivo,
cremos, se cabe, aínda máis na mellora continua da calidade e,
por iso, seguímosnos marcando metas de calidade como a ampliación
do alcance da certificación. Aproveitamos para recordarlles que todos os
nosos clientes teñen á súa disposición follas de
reclamación e que, calquera dúbida referente á
realización dos ensaios, envío de mostras, etc. será
atendida moi gustosamente polo noso persoal.
Atentamente, |