| Inicio » Publicacións » Recentes » 2007 |
| 1258 | |
|
First Report of the
Broad Mite Polyphagotarsonemus latus Banks on Camellia japonica
in Spain Camellia Yearbook 2007 Pax: 52-56 |
|
Pérez-Otero, R., Mansilla-Vázquez, J.P., Salinero-Corral, M.C. Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMO: Este traballo constitúe a primeira detección do ácaro branco Polyphagotarsonemus latus Bank sobre camelia en Galicia. P. latus detectouse primeiramente nun viveiro de Galicia sobre Camellia japonica, pero os seus síntomas observáronse tamén en plantas de C. japonica de parques e xardíns da nosa rexión. Entre os principais síntomas observados na planta, podemos apreciar un crecemento reducido e deformado das xemas e follas que se tornan dunha cor avermellada, púrpura ou oxidado. Debido ao recente da súa aparición, ata o de agora non se levaron a cabo medidas para o control da praga, e os danos que podería causar no futuro descoñécense. |
|
| 1119 | |
|
Field Response to CPPU
Application in Kiwifruit (Actinidia deliciosa 'Hayward') Orchards
Treated with Hydrogen Cyanamide in Northwest Spain Acta Horticulturae Nº 753 October 2007 Pax: 555-557 |
|
M.C. Salinero¹, M.P. Piñón¹, M. J. Sainz² ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España ² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, EspañaRESUMO: No noroeste de España, horas insuficientes de frío ocasionan un desborre e floración baixas, e en consecuencia unha produción de froito insuficiente en plantacións de Actinidia deliciosa Hayward. A cianamida de hidróxeno aumenta o desborre e a produción de flores nesta e noutras zonas climáticas. A aplicación de CPPU (N-[2-chloro-4-pyridyl]-N-phenylurea) despois do callado do froito tamén pode mellorar a produción aumentando o seu tamaño. A aplicación de cianamida de hidróxeno aumentou a produción de xeito significativo, especialmente nunha das plantacións, en ¾ t/ha respecto ao control. Este efecto era maior cando ás plantas se lles aplicaba cianamida de hidróxeno conxuntamente con CPPU, obtendo producións de froito de 7 t/ha máis que nas parcelas control, ás que non se lle aplicaba ningún tratamento, e o que é máis importante desde un punto de vista práctico, froitos cun peso medio maior adecuado para o mercado. Palabras Clave: peso do froito, producción do froito, desborre, floración |
|
| 90 | |
![]() |
El género
Mycosphaerella en plantaciones de Eucalyptus en
Galicia BOLETÍN DE SANIDAD VEGETAL Volumen 33 Nº4 2007 4º Trimestre Pax: 503-516 |
|
L. Otero¹, O. Aguín¹, M. J. Sainz², J. P. Mansillal¹² ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España ² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, EspañaRESUMO: O xénero Mycosphaerella inclúe máis de 30 especies patóxenas en eucalipto, causando a enfermidade coñecida como Mycosphaerella leaf bloch (MLB) ou Mycosphaerella leaf disease (MLD). O síntoma máis característico de MLB consiste na aparición de manchas necróticas nas follas que reducen a capacidade fotosintética, coa conseguinte diminución do crecemento e da produción de madeira. Durante os anos 2005-2007, realizáronse mostraxes en plantacións de eucalipto situadas nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, co obxectivo de coñecer a distribución da enfermidade e identificar as especies de Mycosphaerella responsables. O 90% dos eucaliptais galegos inspeccionados mostraron árbores con síntomas de MLB, sendo as plantacións con árbores novas as que presentaron un maior nivel de severidade. Mediante técnicas moleculares de diagnóstico de material foliar sintomático, identificáronse nove especies de Mycosphaerella e o anamorfo Pseudocercospora pseudoeucalyptorum. Dous das especies, M. madeirae e M. aurantia, cítanse por primeira vez en España. Mycosphaerella nubilosa pode considerarse o principal causante de MLB en Galicia, xa que se detectou no 60% dos eucaliptos afectados. Palabras Clave: Eucalipto, mancha foliar necrótica, MLB, Mycosphaerella nubilosa |
|
|
La CAMELIA y el
TÉ Publicación de la Sociedad Española de la Camelia Nº11 Dic 2007 Pax:25-30 |
|
Carmen Salinero Corral¹, Pablo N. Mansilla Salinero ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMEN: Malia o xeneralizado do seu consumo, o té, elaborado a partir de follas e gromos de Camellia sinensis, é un gran descoñecido. O presente traballo axudaranos a coñecer mellor esta planta: a súa historia (orixe, usos, formas tradicionais de preparación, e posterior difusión a occidente) e elaboración nas súas distintas variantes (té branco, té verde ou fermentado, té oolong ou semifermentado, té negro ou vermello, ou de fermentación completa e os máis comúnmente comercializados, as mesturas de distintos tipos de té ou 'blend'. |
|
|
Primera
detección de la araña blanca (Polyphagotarsonemus latus
Banks) sobre Camellia japonica en España Publicación de la Sociedad Española de la Camelia Nº11 Dic 2007 Pax:15-17 |
|
Pérez Otero, R.¹, Mansilla Vázquez, J.P.¹, Salinero Corral, M.C.¹ ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMEN: A araña branca dos invernadoiros, Polyphagotarsonemus latus Banks, é unha especie extraordinariamente polífaga que se atopa distribuída nas zonas subtropicais e temperáns de todo o mundo. Este ácaro foi detectado por primeira vez sobre Camellia japonica nun viveiro de Galicia. Tras esta primeira detección, tamén se observou nalgunhas plantas de parques e xardíns causando falta de desenvolvemento das plantas, enrolado das follas máis novas e tenras (normalmente cara o revés, anque tamén de forma irregular) e un bronceado de zonas localizadas do revés das follas con aspecto dourado, brillante. |
|
|
Effects of substrate
acidity on the growth of Camellia japonica cultivars International Camellia Journal 2006 Pax:38 |
|
Carmen Salinero ¹, Pilar Vela ¹ and María J. Sainz ² ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España ² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, EspañaRESUMO: As camelias desenvólvense mellor en solos ácidos. Coñécese que o rango de pH óptimo de C. sinensis está comprendido entre 5.0 e 5.5, con todo, ata a data non se realizou ningún estudo sobre as necesidades doutras especies en canto a pH do sustrato. Na nosa rexión, Camellia japonica é a especie máis amplamente distribuída e os nosos viveiros venden máis de tres millóns de plantas de camelia ao ano, a maior parte delas cultivares pertencentes a esta especie. No presente traballo realizouse un estudo de resposta de desenvolvemento de tres cultivares e híbridos de C. japonica a diferentes niveis de acidez de sustrato |
|
|
Fisrt report of
Phytophthora pseudosyringae on chesnut nursery stock in
Spain Plant Disease November 2007 Pax:1517 |
|
C. Pintos Varela, J. P. Mansilla Vázquez, O. Aguín Casal and C. Rial Martínez Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMO: En Europa Phytophthora pseudosyringae detectouse en especies deciduas ocasionando necrose do talo e podremia do colo. En 2006 recibíronse no noso laboratorio mostras sintomáticas de plantiñas de Castanea sativa. A partir da combinación de caracteres morfolóxicos, fisiolóxicos, patoxenicidade, secuencias de ITS e técnicas moleculares, identificouse o fungo causante como P. pseudosyringae, sendo esta a primeira detección da especie en España. |
|
|
Pulgones o
afidios La Moda Verano 2007 Nº611 Pax: 88 |
|
Carmen Salinero Corral Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMO: Os pulgóns son un grupo de insectos, dos cales máis de 500 son pragas dos cultivos, algúns son pragas dunha soa especie e outros afectan a varias, e causan danos directos ou indirectos. Neste traballo realízase unha descrición das especies máis comúns de pulgóns, e os métodos de control que deberemos levar a cabo en cada caso: control químico, e medidas preventivas, facendo un especial fincapé nas medidas de control biolóxico mediante parasitos e depredadores. |
|
|
Camelias en
Galicia Tecnogarden mayo 2007 Nº114 Pax:34-40 |
|
Carmen Salinero Corral Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMO: O xénero Camellia introduciuse en Galicia (NW España) no século XIX. Nun principio cultivouse principalmente nos Pazos pertencentes á nobreza galega, onde atopou condicións adecuadas para o seu cultivo: choiva, solos fértiles e ácidos. Na actualidade, as camelias poden contemplarse en prácticamente calquera xardín galego. No presente traballo inclúese información sobre a introdución destes cultivares en Galicia, ademais dalgúns datos dos principais centros de difusión de camelia do século XIX. Tamén se proporcionan detalles sobre os Pazos máis importantes con camelias de Galicia e unha descrición dos seus xardíns. Fai un percorrido polas distintas exposicións de camelia celebradas actualmente na nosa comunidade e da colección de que posúe a Diputación de Pontevedra, comentando as principais liñas de investigación de camelia levadas a cabo pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro desde o ano 2003, e a recente creación da Sociedade Española da Camelia, institucións que sen dúbida, máis contribuíron á camelia nos últimos anos. |
|
|
Alternativas naturales
para el control de plagas en la camelia Camelia Nº 10 Julio 2007 Pax:33-36 |
|
J. Pedro Mansilla Vázquez, Rosa Pérez Otero, María González García Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMO: Tradicionalmente, a loita fronte a pragas e enfermidades dos vexetais foise realizando mediante a aplicación de produtos fitosanitarios de orixe química. O seu uso intensivo xerou problemas de contaminación do medioambiente polo que, na actualidade, os organismos responsables da protección vegetal están limitando o número de produtos dispoñibles no mercado, a través da revocación da autorización daqueles que impliquen un risco para a saúde humana ou para os organismos beneficiosos. A natureza proporciona medios de control ao producir sustancias con efecto insecticida e seguras para o medio ambiente, son os coñecidos como insecticidas naturais, que poden ser de orixe vegetal ou mineral. Neste traballo descríbense algúns destes produtos naturais, proporcionando información sobre as pragas sobre as que actúa, os efectos que producen, así como algunhas indicacións sobre a súa preparación. |
|
|
Los nemátodos
entomopatógenos y su aplicación para el control biológico
de plagas de insectos Nutri-fitos Extra 2007 Nº113 Pax:42-46 |
|
A. Picoaga, A. Abelleira, J.P. Mansilla Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMO: Na actualidade procúrase reducir o uso de produtos fitosanitarios mediante a utilización de organismos beneficiosos que diminúen as poboacións de insectos que afectan a multitude de cultivos en todo o mundo. Os nematodos entomopatóxenos son un grupo de nematodos parásitos obrigados de insectos que están asociados a unha bacteria que lles permite ser altamente efectivos como bioinsecticidas, e matan á larva hóspede en 24-48 h. Estes nematodos estanse a utilizar con éxito para o control de diversas pragas de insectos do solo como curculiónidos, escarabeidos ou esciáridos, entre outros. Palabras Clave: Heterorhabditis, Steinernema, bioinsecticida, carpófago, castaña |
|
|
Camelia
japonica Plantflor 2007 Nº123 Pax:100-105 |
|
Carmen Salinero ¹, Pilar Vela ¹, María J. Sainz ² ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España ² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, EspañaRESUMO: En Galicia, prácticamente todos os parques e xardíns exhiben plantas de Camellia japonica, a especie de camelia ornamental máis cultivada no mundo. En xeral, considérase que o periodo de floración de C. japonica en Galicia abarca de setembro a abril, con todo existen claras diferenzas entre cultivares que non foron estudadas. O coñecemento da floración é útil tanto para facilitar os labores de cultivo, como para o seu comercialización. O obxectivo deste traballo foi estudar as diferenzas no período de floración de 54 cultivares de C. japonica pertencentes á colección viva de camelia que a Deputación de Pontevedra mantén na finca da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Durante os anos 2001 a 2004, fixéronse inspeccións das plantas, e rexistrouse o estado fenolóxico dúas veces á semana. Para isto, seguiuse a escala fenolóxica proposta por Salinero et al. (2002). |
|
|
Insecticidas de origen
vegetal para el control de plagas La Moda 2007 Pax:70-71 |
|
Carmen Salinero Corral Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, EspañaRESUMO: Tradicionalmente, a loita fronte a pragas e enfermidades dos vexetais foise realizando mediante a aplicación de produtos fitosanitarios de orixe química. O seu uso intensivo xerou problemas de contaminación do medioambiente polo que, na actualidade, os organismos responsables da protección vegetal están limitando o número de produtos dispoñibles no mercado, a través da revocación da autorización daqueles que impliquen un risco para a saúde humana ou para os organismos beneficiosos. A natureza proporciona medios de control ao producir sustancias con efecto insecticida e seguras para o medio ambiente, son os coñecidos como insecticidas naturais, que poden ser de orixe vegetal ou mineral. Neste traballo descríbense algúns destes produtos naturais, proporcionando información sobre as pragas sobre as que actúa, os efectos que producen, así como algunhas indicacións sobre a súa preparación. |
|